Outros 1.500 quilos de explosivos sen control en almacéns ilegais

Como é posible que o dono dunha pirotécnia expedientada puidese manexar toneladas de explosivos en varias das súas leiras sen que ningunha autoridade se dera de conta? Isto é o que se deben estar a preguntar os veciños de Tui, ao descubrirse dous novos zulos ilegais este fin de semana, con máis de 1.500 quilos de explosivos. 


|

Material para explosivos intervido en Tui (Pontevedra) ao dono de La Gallega



Como é posible que o dono dunha pirotécnia expedientada puidese manexar toneladas de explosivos en varias das súas leiras sen que ningunha autoridade se dera de conta? Isto é o que se deben estar a preguntar os veciños de Tui, ao descubrirse dous novos zulos ilegais este fin de semana, con máis de 1.500 quilos de explosivos.


O terceiro almacén clandestino do dono da pirotecnia La Gallega de Tui (Pontevedra) localizado este domingo na parroquia de Baldráns ocultaba 1.150 quilos de materias primas para a elaboración de explosivos e outros 11 quilos de pólvora, segundo confirmaron a Europa Press fontes da investigación.

OUTRO ALMACÉN ILEGAL ILEGAL 
Este terceiro almacén ilegal foi rexistrado este domingo pola Garda Civil e é propiedade de F.G.L., investigado polos supostos delitos de homicidio imprudente, danos imprudentes, lesións imprudentes e risco catastrófico na modalidade de risco provocado por explosivos e outros axentes.

O material intervido estaba almacenado en bidóns nunha leira a 100 metros das instalacións de La Gallega e foi trasladado polo Equipo de Desactivación de Explosivo (EDEX) da Garda Civil para a súa posterior destrución.

TODOS OS"ZULOS" LOCALIZADOS, SEGUNDO A GARDA CIVIL
Este material súmase ao localizado o sábado noutro zulo onde había 500 quilos de pólvora e outros 100 quilos de substancias preparadas para fabricar explosivos.

Así mesmo, os investigadores cren que F.G.L. almacenaba máis dunha tonelada de material explosivo no anexo da vivenda da parroquia de Paramos que explotou o pasado mércores provocando dous falecidos e máis de 30 feridos.

Fontes da investigación manifestaron a Europa Press que, de momento, non se prevén máis rexistros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE