Conduce sen carné cara o seu xuízo por outro incidente no que lle quitaron o permiso

A vixilancia especial da Garda Civil de Tráfico sobre condutores reincidentes segue dando resultados. É o segundo condutor detido ao volante sen carné cando ía ao seu propio xuízo por unha infracción previa nesta primavera.


|

Interceptadp en Cambados un condutor reincidente


A vixilancia especial da Garda Civil de Tráfico sobre condutores reincidentes segue dando resultados. É o segundo condutor detido ao volante sen carné cando ía ao seu propio xuízo por unha infracción previa nesta primavera.


Efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil interceptaron o pasado martes a un veciño de Ribadumia sen carné que conducía un turismo cara a un xuízo en Cambados (Pontevedra) por outra retirada do permiso.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon á primeira hora da mañá desa xornada nunha céntrica rúa da localidade de Cambados.

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Pontevedra interceptou a J.J.A., de 58 anos, cando conducía o seu vehículo de camiño ao xulgado para comparecer, en calidade de investigado, por un delito contra a seguridade viaria que cometera o 18 de maio, ao conducir sen carné pola perda dos puntos.

SORPRENDIDO BEBIDO Ao VOLANTE TRES VECES
A este condutor reincidente figurábanlle outros tres expedientes sancionadores por conducir co permiso sen vixencia por perda total de puntos e, en todos os casos, indicaron as mesmas fontes, a infracción detectouse como consecuencia dunha infracción por condución etílica.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron entregadas no xulgado de Instrución de garda de Cambados, onde terá que comparecer en calidade de investigado como presunto autor dun novo delito contra a seguridade viaria.

VIXILANCIA AD HOC
O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra lembra que incide dunha forma especial na vixilancia deste tipo de condutores, con persoal especializado no seu control e interceptación.

"Os condutores multirreincidentes son unha das principais preocupacións da Agrupación de Tráfico polo potencial risco para a seguridade viaria que implican", advirte. "As súas condutas viarias adoitan ir asociadas a consumos de alcol ou drogas, grandes excesos de velocidade ou outras infraccións que poñen en perigo ao resto dos usuarios das vías", conclúe.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE