Veciños críticos coa mina de Touro acusan á promotora de "deixar sen auga" unha aldea
Aldea Viva, un dos colectivos opostos á polémica mina de Touro - O Pino, asegura que os veciños da Santaia víronse obrigados a desviar un regato co que tradicionalmente regaban os cultivos e dábanlle de beber ao gando. O motivo é que o río “está gravemente contaminado polo depósito de residuos da mina que desborda á ribeira”.
Aldea Viva, un dos colectivos opostos á polémica mina de Touro - O Pino, asegura que os veciños de A Santaia víronse obrigados a desviar un regato co que tradicionalmente regaban os cultivos e dábanlle de beber ao gando. O motivo é que o río “está gravemente contaminado polo depósito de residuos da mina que desborda á ribeira”.
Rio Ameneiro - Lamas nunha imaxe remitida por Aldea Viva
Trátase do Ameneiro-Lamas, cuxas augas, como mostran as fotografías remitidas, forman escumas e sedimentan o leito con materiais de cor amarela e marrón. Aldea Viva denuncia que son augas “ hiperácidas e hiperoxidantes e niveis de ph por baixo de 4, o que está a permitir a mobilización ao medio de metais pesados e outros elementos indesexados que supoñen un factor de risco para a saúde pública”.
ANTECEDENTES CONTAMINANTES
Explotacións Galegas, a propietaria dos dereitos da antiga mina, xa ten abertos dous expedientes por incidentes similares tras denuncias de Aldea Viva. Os veciños laméntanse de que teñan que ser eles e non as administracións as que vixíen a salubridade dos regatos próximos a anterior explotación.
Por “cautela”, e vistos os precedentes, solicitan a non autorización da nova gran mina de cobre que impulsa Atalaia Minning, cuxa tramitación está a avaliar a Xunta.
Escribe o teu comentario