900 galegas abandonaron o seu emprego para coidar a familiares no último ano

O 83% das profesionais que deixaron o seu emprego son mulleres, das cales un 88,4% teñen máis de 45 anos. 


|


Discapacidade


A propósito do Día Internacional da Familia, que se celebra o 15 de maio, a Fundación Adecco e Previsora Bilbaína fixeron público un informe sobre as familias galegas que atravesan dificultades por ter unha persoa con discapacidade entre os seus membros. 


Ante os datos da Enquisa de Poboación Activa e unha sondaxe realizada a 500 persoas, Adecco observou que durante o último ano o número de persoas inactivas que non buscan emprego para coidar a persoas dependentes "incrementouse nun 27% en Galicia, pasando de 3.300 en 2016 a 4.200 en 2017", segundo declaran no informe. 


Así as cousas, segundo os datos do INE, a maioría das profesionais que se retiran do mercado son mulleres, que representan o 83%, maior de 45 anos (88,4%). No informe, o director xeral da Fundación Adecco, Francisco Mesonero, declara que os datos recolleitos "veñen constatar dúas realidades". 


Por unha banda, que "na nosa sociedade segue moi arraigado o rol feminino como coidadora da familia e do fogar", e, da outra, que "as mulleres maiores de 45 anos son as que máis dificultades atopan no mercado laboral e, por tanto, as primeiras que deciden retirarse cando a situación familiar requíreo, ante a falta de expectativas profesionais". 


No perfil identifícanse os problemas económicos como a causa principal do abandono laboral. "En xeral, son persoas que se retiraron do mercado por non poder custear os servizos adecuados para o coidado de familiares dependentes como adultos enfermos ou persoas con discapacidade", conclúen. 


Ante esta situación, a conciliación familiar sería unha das posibles solucións, aínda que, segundo a enquisa de Adecco, a maioría das medidas de flexibilidade laboral ten unha implantación inferior ao 50%, fóra da posibilidade de abandono do posto de traballo ante emerxencias familiares (75%) e os venres pola tarde non laborables (67%). 


Doutra banda, o teletraballo podería ser unha solución efectiva -o 80% das enquisadas así o cre-, aínda que a súa implementación é escasa, xa que só un 12% das enquisadas pode desempeñar as súas funcións de forma telemática. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE