Guías das Illas Atlánticas piden que se esixa acreditación ás guías e maior control sobre as empresas

|

Guia cies

Visita guiada a Cíes | Imaxe: Agaia


A Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas (Agaia) presentou 12 alegacións ao Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, para solicitar que este documento esixa que os guías estean acreditados e haxa un maior control sobre as empresas que realizan visitas guiadas neste parque natural.

Nun comunicado, a asociación explicou que pide que esta norma, que considera "tan imprescindible como obrigatoria", estableza un maior control para asegurarse de que se cumpre o cociente de número de visitantes por guía, así como que se respectan as normativas de uso e vixilancia do espazo natural.

Neste sentido, advertiu que "ata que non se expoña de forma clara e concisa esta temática", os empregos dos guías "continuarán sendo precarios, empeorando cada ano as súas condicións laborais e profesionais, así como a calidade das visitas que realizan".

Así as cousas, lamentou que, co borrador do plan, os profesionais deste campo "sentíronse tan indefensos" como anteriormente, debido a que respecto ao exercicio de guía "só cítase o Plan Director de Parques Nacionais, pero en ningún momento prohíbese de forma tallante a aparición de intrusismo laboral". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress