​Traballadoras de Zara protestarán por despedimentos de eventuais que denunciaron para seren fixas

O conflito laboral polos despedimentos de traballadoras en Zara segue adiante. Así, o sindicato FeSMC-UXT-Comercio convoca para o vindeiro venres, día 11, unha concentración ás 12.00 horas diante da tenda que Zara ten en Santiago na Praza de Galicia.



|

O conflito laboral polos despedimentos de traballadoras en Zara segue adiante. Así, o sindicato FeSMC-UXT-Comercio convoca para o vindeiro venres, día 11, unha concentración ás 12.00 horas diante da tenda que Zara ten en Santiago na Praza de Galicia.


IMG 20180503 WA0002

Protesta diante do Zara de Marineda na Coruña


O obxectivo é “denunciar a política de contratación e os despedimentos nas tendas desta cadea téxtil na provincia da Coruña”. Xa a semana pasada denunciouse esta situación cunha mobilización no centro comercial de Marineda City.


INDITEX GARDA SILENCIO


A central insiste na “fraude na contratación temporal e os despedimentos que están a sufrir o persoal de Zara na provincia da Coruña, empresa buque insignia da multinacional Inditex”. O grupo de Amancio Ortega non respondeu por agora publicamente, a pesar de que Galiciapress solicitou en varias ocasións a súa versión do conflito.


A Sección Sindical de UXT en Zara España S.A. provincia A Coruña detectou que existía "un grupo moi elevado de traballadoras/é con contratos eventuais eternos, desde 2012 e mesmo algún caso 2009”. Segundo a súa versión, a finais de 2016, ao revisar os contratos, “detectamos que eran fraudulentos, contratos eventuais que deberían de ser indefinidos”. O sindicato entende que esta modalidade de “contratos fraudulentos” permítelle ter traballadoras  sen calendarios laborais estables e distintos aos do persoal indefinido, sen vacacións, menor salario, debido a que non acumulan antigüidade (plus de permanencia, 263,4€/ano cada cuadrienio) e sen esixir os seus dereitos por medo a non ser renovado.


A EMPRESA RECOÑÉCEAS INDEFINIDAS PERO DESPÍDEAS


A principios de 2018 a Inspección de traballo instou á empresa para transformar 38 contratos eventuais en indefinidos, ao consideralos fraudulentos . A reacción da compañía foi finalizar contratos que estaban en fraude para evitar transformalos indefinidos, unha "actuación rastrera por parte de Inditex". 


Algunhas mulleres levaron os seus casos á Xustiza. No acto de conciliación “a empresa xa recoñeceu o despedimento improcedente, ofrecendo a indemnización por despedimento que corresponde a contrato indefinido”. A empresa recoñece que son persoas válidas pero prefire despedilas e seguir con contratos precarios, conclúe UXT.

relacionada "Así trata o home máis rico de España ás súas traballadoras"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE