"Así trata o home máis rico de España ás súas traballadoras"
Segundo o responsable de FeSMC-UXT “a empresa recoñece a improcedencia do despedimento, recoñece a fraude e ofrécelles a indemnización por despedimento improcedente”, rexeitada polas demandantes, que buscan recuperar o seu emprego.
Protesta esta mañá diante do Zara de Marineda City / Imaxe: UXT
Este xoves a praza de Marineda City foi o escenario dunha concentración convocada pola Unión Xeral de Traballadores. Zara, o buque insignia do xigante Inditex, era o obxectivo. O sindicato denunciou que o grupo téxtil despediu a unha serie de traballadoras con “contratos eventuais eternos” tras ser denunciados á Inspección de Traballo.
A finais das 2016 traballadoras da sección sindical de UXT de Zara empezan a fixarse na cantidade de persoas que fan substitucións, inicios de campaña e períodos excepcionais reiteradas veces. “O que facemos é revisar toda a contratación”, conta o responsable do Sindicato de Comercio de Galicia FeSMC-UXT, Álvaro Cajigal, en conversación con Galiciapress. Os servizos xurídicos do UXT corroboran as sospeitas. “Neses momentos estamos a falar de ao redor de 60 persoas [con contratos fraudulentos], ao noso entender, e poñémolo en coñecemento da Inspección de Traballo”.
Tras poñelo en mans da Inspección, esta solicita os contratos á empresa e faille un requirimento –baixo advertencia de sanción- para transformar 38 contratos de eventuais a indefinidos. Durante este proceso, “vanse xerando novos contratos, e a empresa, como xa sabe por onde poden ir os tiros se a inspección está a pedirlle os contratos, empeza a finalizar máis do normal de contratos”, declara Cajigal, e continúan despedindo a traballadoras, “contratos que ao noso entender tamén son fraudulentos”, engade.
A día de hoxe xa tiveron lugar dous actos de conciliación das sete traballadoras que denuncian a Inditex –o resto está á espera pola folga de Xustiza-. Segundo o responsable de FeSMC-UXT “a empresa recoñece a improcedencia do despedimento, recoñece a fraude e ofrécelles a indemnización por despedimento improcedente”, rexeitada polas demandantes, que buscan recuperar o seu emprego. Tamén nesas reunións o grupo téxtil admite que son “traballadoras válidas”, o que significa, sempre segundo Cajigal, “que as despide porque cos contratos temporais sáelles moito mellor, debido a que son traballadoras que teñen calendarios distintos ao persoal indefinido, teñen os peores horarios; traballadoras que non teñen obrigación de darlles vacacións, porque as poden liquidar ao finalizar o contrato; traballadoras que non xeran antigüidade, por tanto a empresa afórrase diñeiro e cotización á SS; e traballadoras que non reclaman tanto os seus dereitos por medo a que non as volvan a chamar”.
Os 38 contratos fraudulentos recoñecidos pola Inspección de traballo pertencen á provincia da Coruña, onde se convocou, ademais da mobilización de Marineda City, unha concentración o venres 11 ás 12.00h diante de Zara de Praza Galicia, en Santiago de Compostela. Con iso búscase a readmisión das traballadoras, pero tamén que a opinión pública “coñeza realmente o que está a facer a empresa máis importante do mundo do sector, onde está o home máis rico de España, e como trata aos seus traballadores”, para regular a contratación temporal e que non se volvan a dar estas situacións.
En declaracións a Galiciapress, Álvaro Cajigal acusou á empresa de seguir coa contratación eventual por motivos económicos. “Tamén me chegan a recoñecer a min en persoa que hai máis fraude deses 38 [contratos], algo que eu xa sabía pero que a empresa recoñece. O grupo Inditex está a recoñecer que incumpre a lei”.
CONTRATOS, XORNADAS E DESIGUALDADE
“Existe a contratación temporal, pero o que non se pode é cubrir unha necesidade real da tenda cun contrato eventual”, declara Cajigal, e engade que cando contratan a unha persoa inmediatamente despois dun despedimento a empresa verifica que “é un contrato indefinido, pero que fan eventual e é fraudulento”. “A necesidade real dunha persoa nunha tenda”, engade, tradúcese en “un contrato indefinido”.
Pero los recientes despidos y demandas no son las únicas problemáticas del gigante textil. Directamente relacionadas con el tema se encuentran las habituales demandas sindicales de aumentos de horas. “La peculiaridad que hay en este tipo de sector son los contratos a tiempo parcial”, que fomentan la desigualdad entre hombres y mujeres. “Hablamos de un sector que son mayoritariamente mujeres, donde la mayoría la contratación es a tiempo parcial, es decir, ya son salarios bajos, pues más bajos todavía, con jornadas irregulares que no te permiten compatibilizar ese contrato parcial con otro trabajo”, declara Cajigal.
Galiciapress tentou pulsar varias veces a versión de Zara - Inditex, pero voceiros oficias o único que indicaron é que o grupo nunca comenta as denuncias dos sindicatos.
A POSICIÓN DE INDITEX
Galiciapress contactou co grupo Inditex para escoitar a súa versión do conflicto, mas rexeitaron facer comentarios. "Nunca comentamos o que din os sindicatos", responderon desde a multinacional.
Escribe o teu comentario