As constantes retencións da Ponte de Rande avivan o debate sobre a concesión

Hoxe sucédense as noticias de longas colas na ponte, como as acontecidas o pasado domingo cando catro vehículos se viron implicados nun accidente de tráfico na AP9 no seu paso polo municipio de Moaña. 


|

Rande ponte inauguracion

Inauguración da ampliación de Rande


A concesión da autoestrada AP9 e a ponte de Rande segue sendo obxecto de polémica a miúdo. Á inauguración o pasado mes de decembro da ampliación do viaduto non acudiron as rexedoras dos concellos da zona. Nin Bueu, Cangas, Moaña, Vilaboa, Redondela nin O Porriño estiveron representados no acto como forma de protesta polo estrea dunha obra que consideraban inacabada e a falta de seguridade que levaba


A pronta posta en marcha das novas infraestruturas reabriu o debate sobre a subida das peaxes que implicaba así como sobre a concesión da autoestrada.


Hoxe sucédense as noticias de longas colas na ponte, como as acontecidas o pasado domingo cando catro vehículos se viron implicados nun accidente de tráfico na AP9 no seu paso polo municipio de Moaña. Unha persoa necesitou asistencia médica, aínda que o seu estado non revestía gravidade. 


O accidente, que se produciu ao mediodía, provocou retencións que se prolongaron ata case as 15.00h, un día despois de que o peche de tres carrís por tarefas de mantemento producisen atascos quilométricos. 


Nas redes sociais as usuarias criticaron de novo as obras, cualificando a Ponte de Rande como 'rateira'. Ás críticas cidadás sumouse o secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, quen esixiu que se devolva ás usuarias da autoestrada as cantidades correspondentes ao pago da peaxe do sábado.


"En xaneiro houbo unha subida da peaxe tras o termo ficticio das obras de remodelación da Ponte de Rande. as obras continúan, nunca terminaron, pero si se aplicou un cambio de tarifa", denunciou o socialista. Servida a polémica, rescatamos un vídeo de 2012 dun usuario en contra da concesión da AP9 que pasou máis de 15 anos sen pagar a peaxe



relacionada As obras provocan grandes colas en Rande catro meses despois da súa inauguración

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE