Os Bolechas presentan un libro e unha serie dedicadas a María Vitoria Moreno polo Día das Letras Galegas

Os coñecidos personaxes Os Bolechas conmemoran as Letras Galegas cun libro dedicado a María Vitoria Moreno, autora homenaxeada este ano, e unha nova serie audiovisual baseada na colección 'As miñas primeiras Letras Galegas'.


|

MariaVictoriaBolechas1


Os Bolechas arrincan un proxecto para achegar o Día das Letras Galegas aos máis pequenos. Os coñecidos personaxes dedicaron un libro a María Vitoria Moreno, autora á que se lle dedica este ano o 17 de maio, e unha nova serie audiovisual baseada na coleción 'As miñas primeiras Letras Galegas'. 


A Real Academia Galega (RAG) foi o escenario escollido este mércores para presentar este proxecto pensado para que os nenos de Galicia coñezan as obras e autores máis destacados da literatura galega.


O proxecto audiovisual trátase dunha serie de monicreques cun formato similar ao que xa se emite na Televisión de Galicia desde hai seis anos, aínda que neste caso céntrase nos autores aos que se lles dedicou o Día dás Letras Galegas, que se conmemora cada 17 de maio, e que este ano ten como protagonista a María Vitoria Moreno.

"A iniciativa dos Bolechas non é nova", sinalou o presidente da RAG, Victor F. Freixanes, que aproveitou a iniciativa infantil para destacar a faceta como mestra da autora.

COÑECER A MARÍA VITORIA MORENO
Á presentación, na que varios alumnos do CEIP Cidade Vella da Coruña puideron ver en primicia o primeiro capítulo da serie, acudiron representantes das institucións que colaboraron no proxecto.

Entre eles atopábase o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director de proxección social da TVG, Xaime Arias.

Na súa intervención, García animou aos menores para "falar máis galego", obxectivo primordial deste novo proxecto que se basea no primeiro libro que publica Moreno, 'Mar Adiante'. A historia fala dunha escola barco e, como é habitual nesta colección, a aventura dos Bolechas enriquécese con textos da obra orixinal, para que os nenos achéguense ao estilo da autora.

relacionada ​Leite galego dinamizando a lingua galega
relacionada A manifestación do Día das Letras Galegas contra as "políticas lingüicidas" de Feijóo e Rajoy
relacionada Iníciase o 'Ano Ana María Victoria Moreno', protagonista do Día das Letras Galegas 2018

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE