Galicia, país de asmáticos

Case o 10 por cento dos galegos sofren asma e máis da metade deles nin o saben. Unha enfermidade que, ademais, triplicouse nas últimas décadas sendo unha das principais causas de baixas laborais e escolares.


|

Case o 10 por cento dos galegos -varios puntos máis que a media estatal- sofren asma e máis da metade deles nin o saben. Unha enfermidade que, ademais, triplicouse nas últimas décadas sendo unha das principais causas de baixas laborais e escolares.


Asthma spacer

Meniña con inhalador para a Asma / tradimus wikipedia


Así, os casos de asma, enfermidade crónica inflamatoria das vías aéreas, multiplicáronse por tres no últimas catro décadas e afectan a uns 270.000 galegos.


Así o recolle o Servizo Galego de Saúde nunha nota de prensa emitida con motivo da conmemoración do Día Mundial da Asma, unha enfermidade que afecta, segundo as estimacións, a máis de 150 millóns de persoas no mundo.


Estudos realizados en España, explica o Sergas, mostran que entre un 3% e un 7% da poboación adulta ten asma. Esta cifra é algo máis elevada (entre un 5% e un 10%) na poboación menor de 6 anos e no últimas catro décadas triplicouse o número de casos. En España estímase que padecen esta enfermidade uns dous millóns de persoas e en Galicia serían uns 270.000 os asmáticos.


Con todo, a pesar deste aumento da prevalencia, a mortalidade por asma non aumentou ou tende a diminuír, debido a un maior coñecemento da enfermidade, a un diagnóstico precoz e a un tratamento con fármacos "máis potentes e seguros". Aínda así, a asma é responsable de 100.000 mortes ao ano no mundo.


En máis do 30% dos pacientes, os síntomas aparecen antes dos cinco anos. Se a asma infantil déixase evolucionar espontaneamente, un 30% remite antes de cumprir os 18-20 anos e cando o paciente recibe tratamento con vacúas antialérgicas, esta taxa increméntase ata o 70%.


A enfermidade asmática provoca o 30% do absentismo escolar en España, e o 57% dos asmáticos españois non está diagnosticado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE