Os sectores produtivos do rural únense para buscar o equilibrio das súas actividades e a protección do medio

Colectivos do sector agrícola, forestal, gandeiro e mineiro axuntan forzas para demandar políticas ambientais participativas. "A lexislación ambiental dítase á marxe da poboación rural", aseguran. 



|

Tractores, máquinas, agricultura, maquinaria agraria, horta, labrar, campo


Os sectores produtivos do rural uníronse para buscar a sustentabilidade do rural, buscando o equilibrio entre a súa actividade e a protección do medio. Nun comunicado que fixeron público hoxe critican a lexislación ambiental, que, segundo din, "dítase á marxe da poboación rural, que padece serias dificultades para manter as súas actividades produtivas e o seu medio de vida".


"A iniciativa xorde da preocupación pola proliferación de políticas de protección ambiental que non están a ter en conta as posibilidades dos distintos sectores produtivos de desenvolver a súa actividade de forma compatible coa protección ambiental", di a Plataforma constituída por 14 asociacións do sector primario. 


Para "garantir un protección real do patrimonio natural", o colectivo identifica tres puntos chave. Consideran imprescindible a suma de todos os sectores "que xeran valor e emprego" no rural, así como un cambio da política de conservación para que non se base "unicamente na prohibición de labores que constitúen o medio de vida dos habitantes rurais". En terceiro lugar, consideran necesario ter en conta "as posibilidades de compatibilización da actividade económica e de protección do medio que ofrecen os principios da xestión sustentable, a certificación ambiental e a aplicación das distintas normativas sectoriais de prevención e corrección de impacto ambiental". 


Os catro sectores involucrados xeran en Galicia "máis de 68.600 postos de traballo directos e un 147.300 indirectos", segundo os colectivos, que cifran as exportacións nuns "2.161 millóns de euros, e representan o 7,1% do PIB galego". 



relacionada Galicia é a segunda comunidade autónoma en produción de carne bovina
relacionada A conselleira do Medio Rural: "Os eucaliptos dan vida a Galicia"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE