A xornada 'Mulleres e matronas: unha vida xuntas' celebra o día internacional da matrona
"Acompañan ás mulleres durante a adolescencia, a maternidade, a crianza e a menopausa, en definitiva, durante toda a súa vida sexual", di AGAM. A xornada terá lugar o sábado 5 de maio na Cidade da Cultura.
A Asociación Galega de Matronas (AGAM) organiza en Compostela a xornada Mulleres e matronas: unha vida xuntas para celebrar o Día Internacional da Matrona. O encontro busca reflexionar sobre o papel das comadronas na nosa sociedade.
"Acompañan ás mulleres durante a adolescencia, a maternidade, a crianza e a menopausa, en definitiva, durante toda a súa vida sexual", di AGAM. A xornada terá lugar o sábado 5 de maio na Cidade da Cultura.
O programa inclúe unha conferencia da artista visual e experta en comunicación e xénero, Yolanda Domínguez, baixo o título Cambiar as imaxes para cambiar ou mundo, seguida da exposición MM My mom did it, da matrona e tamén artista Marisa Martorell. Ao mediodía terá lugar a mesa redonda Encontro de mulleres e matronas: que necesitades dás matronas para sentirvos máis coidadas na vosa vida sexual e reprodutiva?, moderado por Marta Bernárdez Carbón e coa participación de representantes da Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia (ACADAR), AGAM, O parto é noso (EPEN), Galicia Entende – colectivo de mulleres lesbianas, Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) e QuerENDO – mulleres con Endometriose.
Escribe o teu comentario