A mineira explotará prata en Touro
Atalaya Minning publicou esta mañaña o estudo de pre-factibilidad do seu polémico proxecto mineiro en Touro - O Pino. A multinacional debuxa un escenario moi optimista da explotación de cobre e prata, un negocio redondo en menos anos dos anunciados.
Atalaya Minning publicou esta mañá o estudo de pre-factibilidad do seu polémico proxecto mineiro en Touro - O Pino. A multinacional debuxa un escenario moi optimista da explotación de cobre e prata, un negocio redondo en menos anos dos anunciados.
Alberto Lavandeira, á esquerda, CEO da mina de Touro, nun pozo de exploración
Unha das principais novidades, polo menos de portas cara fóra, e o plan para explotar prata. Sabíase da súa presenza en Touro pero ata agora este mineral estivera lonxe do debate sobre o impacto e rendemento da mina. Así, o informe estima a produción de 2,1 millóns de onzas do metal precioso a un ritmo anual de 70.000 onzas en concentrado.
Con todo, o principal foco seguirá sendo o cobre -xa explotado en anteriores épocas- con 392.000 toneladas a un ritmo anual de 30.000 toneladas a partir de "concentrados de alto grao moi limpos".
Outra novidade sobre os datos coñecidos ata agora é o calendario previsto. Falábase dunha operación de 25 anos, pero o informe sinala "dous anos de desenvolvemento e 12 anos de operación".
Os datos públicos tamén destacan o "baixo custo das operacións" cun "fluxo de ingresos medios procedente da produción comercial de 60 millóns de dólares ao ano" cun "fluxo de ingresos total" de 489 millóns.
Para acometer o proxecto, a mineira estima un custo global de 165 millóns, pero será necesaria unha ampliación de capital aos oito anos da posta en funcionamento. A empresa espera captar entón 30 millóns a maiores.
"A principal conclusión deste informe é que o proxecto de Touro é rendible desde o actual escenario de avaliación" di o documento. Alberto Lavandeira, responsable da industria, presume que "o resultado exitoso deste estudo é un fito significativo para Atalaya e valida o noso interese inicial no proxecto".
Os investidores acolleron con entusiasmo o anuncio. "Excelente o informe de actualización do Proxecto Touro desta mañá. Barato de conseguir, barato de construír, simple de extraer e cobre de baixo custo", escribiu un dos expertos bolsistas nun foro especializado.
Todas as cifras desta información están expresadas en dólares de EE.UU.
Escribe o teu comentario