As mariscadoras da ría de Cedeira chegan á pantalla do festival de Málaga (VÍDEO)

|

As mariscadoras de Cedeira chegan ás pantallas do Festival de Cine de Málaga. O Ceo é o Noso Teito é a curtametraxe documental de Carlos Cazurro (Valladolid, 1975) que compite na sección oficial a concurso dentro da categoría 'Afirmando los Derechos de la Mujer'.


A sección oficial proxectará 166 películas entre as que se contará co traballo do valisoletano, que competirá con outros 10 títulos dentro da súa categoría.

O ceo é o noso teito é unha curta documental que conta a loita das mulleres mariscadoras de Cedeira, a través das voces das súas protagonistas.

Esta é a ópera prima de Carlos Cazurro como realizador audiovisual, que empezou a rodalo en marzo de 2013 e terminou de montar e estreou en xuño de 2017, após un 'crowdfunding'.

Así, proxectarase en pase único o venres 20 de abril ás 17,00 h no Centro Cultural Maria Vitoria Atencia. A entrada será libre ata completar o aforamento.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress