Os mellores novos médicos pasan de traballar en Lugo e Ourense

As provincias de Lugo e Ourense son algunhas das menos atractivas para os médicos que logran superar o MIR. Así o demostra a clasificación por provincias elaborada en base ás preferencias escollidas por aqueles que polas súas boas notas escollen praza durante os cinco primeiros días do concurso público.


|

As provincias de Lugo e Ourense son algunhas das menos atractivas para os médicos que logran superar o MIR. Así o demostra a clasificación por provincias elaborada en base ás preferencias escollidas por aqueles que polas súas boas notas escollen praza durante os cinco primeiros días do concurso público.



Medicos consulta atencion primaria

Médicos nunha consulta de atención primaria


O ránking explicita que  Ourense só conseguiu atraer a catro galenos e Lugo a tres, neste primeiras cinco roldas; ocupando así as posicións sétima e oitava pola cola, respectivamente. 


A situación é máis preocupante porque cada vez son menos os MIR que escollen as provincias do interior galegas. Se se compara os datos de 2017 cos de 2016, a cifra cae en catro galenos en Ourense e dous en Lugo.


O asunto mellora para as provincias atlánticas. A Coruña é a décima máis solicitade, con 78 MIR das primeiras cinco roldas. Pontevedra queda a media táboa, na posición 20, con 38 MIR.


Os datos desta clasificación recompilounos o sindicato sanitario CESM, na súa delegación de Granada, en base ás cifras oficiais. Madrid (772), Barcelona (482), Valencia (219), Sevilla (148) e Biscaia (118) son as provincias que atraen ás mellores notas. Esta é a táboa completa, elaborada por Redacción Médica:

MIR
Infogram

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE