Mozo de 18 anos bebido e drogado foxe dun control e atropela a unha familia

A Policía Nacional mantén detido a unha persoa que escapou dun control de alcoholemia na Praza de Galicia. Na fuxida levouse por diante a un grupo de peóns.


|

Prazamellor

Zona do accidente nunha imaxe dá TVG


Unha muller permanece ingresada en estado grave no CHUS logo de ser atropelada por un condutor de 18 anos que fuxía dun control policial instalado na Praza de Galicia do Ensanche compostelán ao fío da medianoite do pasado venres, segundo informaron fontes da Policía Local.

A vítima foi arroiada polo vehículo cando camiñaba pola beirarrúa da Praza de Ponte Castro xunto á súa parella e a súa filla, que tamén resultaron feridos aínda que de menor consideración. A muller, que evoluciona favorablemente e está fóra de perigo, tivo que ser trasladada de urxencia ao Hospital Clínico, onde foi intervida de feridas graves.


O condutor, de 18 anos, deuse á fuga para evitar un control de alcoholemia instalado pola Policía Local na Praza de Galicia. Así, emprendeu unha huída por Doutor Teixeiro e, chegado á Praza de Ponte Castro, subiuse á beirarrúa, onde arroiou ás tres vítimas que camiñaban pola rúa.

Tras o suceso, rexistrado ás 00,10 horas da madrugada do sábado, axentes da Policía Local desprazados ao momento procederon á detención do mozo, que

deu positivo en drogas e alcol.

O condutor permanece arrestado en dependencias policiais impútanselle delitos de condución temeraria e contra a saúde pública, xa que os axentes incautáronse de cocaína e haxix que portaba no interior do coche.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE