Democracia Ourensana esixe a Baltar que deixe de usar fondos públicos para figurar en ránkings de transparencia

Cando Galicia Press informou que o Consello de Contas advertira de "faltas graves ou moi graves" na Deputación de Ourense por non enviarlle en prazo as contas, a institucion que goberna José Manuel Baltar respondeu, entre outros puntos, enarborando o seu liderado nun ránking de transparencia institucional.


|

Cando Galicia Press informou que o Consello de Contas advertira de "faltas graves ou moi graves" na Deputación de Ourense por non enviarlle en prazo as contas, a institucion que goberna José Manuel Baltar respondeu, entre outros puntos, enarborando o seu liderado nun ránking de transparencia institucional.


Baltarou

José Manuel Baltar


En concreto, o executivo de Baltar indicou que “a Deputación de Ourense é o goberno provincial máis transparente de España -de acordo ao índice Dyntra- cun rexistro de transparencia do 91,06 %”.


Dyntra é unha organización privada internacional, que se define como “non partidista e obxectiva”. Efectivamente, sitúa ao organismo que preside Manuel Baltar en primeiro lugar do ránking provincial. 


Este xornal tamén informou que entre os colaboradores en España de Dyntra está a Deputación de Ourense. Hoxe Democracia Ourensana (D.O.) presentou unha moción para o seu debate no pleno da Deputación do 27 de abril na que pídese a reprobación do presidente  líder do PP provincia.


Segundo expón na iniciativa, demándase esta reprobación, precisamente, por  "por usar diñeiro público para figurar nun ranking de transparencia". D.O. pide proceder ao "cesamento inmediato" do uso de fondos públicos "para figurar en rankings deste estilo".

relacionada ​Baltar deféndese: “A Deputación de Ourense é o goberno provincial máis transparente de España”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE