​Baltar deféndese: “A Deputación de Ourense é o goberno provincial máis transparente de España”

A Deputación de Ourense contesta á información de Galiciapress.es sobre o informe do Consello de Contas. A pesar de que os contables autonómicos advirten de “faltas graves ou moi graves” por non remitir a documentación obrigatoria en prazo, o organismo provincial presume de xestión e transparencia.



|

A Deputación de Ourense contesta a a información de Galiciapress.es sobre o informe do Consello de Contas. A pesar de que os contables autonómicos advirten de “faltas graves ou moi graves” por non remitir a documentación obrigatoria en prazo, o organismo provincial presume de xestión e transparencia.


“O presidente da Deputación, Manuel Baltar, non levantou -porque non tivo- ningún reparo de Secretaría ou Intervención. Cero reparos en seis anos de xestión”, responden voceiros oficiais a este diario.


Os reparos prodúcense cando o Interventor ou o Secretario dunha Administración informa negativamente de, por exemplo, o pago dunha factura. O alcalde, ou neste caso, o presidente da Deputación, pode saltarse o criterio do funcionario.


Agora ben, o Consello de Contas puxo o foco nestes levantamentos. Varios dos seus últimos informes están repletos de casos en que alcaldes ou presidentes de deputacións saltáronse inxustificadamente os reparos, o que pode dar lugar á anulación dese acto administrativo e, mesmo, responsabilidades penais.


No informe de Contas sobre a Deputación non hai análise de reparos do mesmo xeito que non hai análises dos ingresos ou da política de persoal. Non hai análise de nada. E é que o organismo provincial fue a única deputación galega que non cumpriu a tempo ao prazo para remitir a información.


Como recoñece a citada institución, “a Deputación de Ourense remitiu na fase de alegacións a documentación solicitada”. É dicir, fóra do prazo legal e, de feito, só a enviou varias semanas despois de recibir un requirimento formal desde o Consello de Contas.


O resultado é que a obrigatoria fiscalización das contas da Deputación de Ourense limítase a constatar o incumprimento do prazo, a diferenza do que sucede nas outras tres deputacións de Galicia, con análises pormenorizadas e recomendacións dos contables para corrixir erros.


Aínda que saltarse este prazo pode dar lugar a sancións -con posibles retiradas de soldo- é improbable que isto suceda en Ourense, dado que tanto o Consello de Contas como o Parlamento de Galicia, quen pode impoñer as sancións, están controlados polo PP; partido no que Baltar é peza crave dado o seu gran e contínuo éxito electoral.


Para defender a súa xestión, os portavoces da Administración ourensá engaden que “a Deputación de Ourense é o goberno provincial máis transparente de España -de acordo ao índice Dyntra- cun rexistro de transparencia do 91,06 %”.


Dyntra é unha organización privada internacional, que se define como “non partidista e obxectiva”. Efectivamente, sitúa ao organismo que preside Manuel Baltar en primeiro lugar do ránking provincial. Entre os colaboradores en España de Dyntra, está a Deputación de Ourense.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE