Case 4.000 persoas apoian a #CoruñaLibredeCaza que propón a Asociación Libera

A campaña por unha '#CoruñaLibredeCaza' recolleu xa máis de 3.700 firmas. A asociación propón a creación dun gran Parque Forestal no termo municipal.


|


Cazador 1 1

A Asociación Animalista Libera lanzou a campaña por unha #CoruñaLibredeCaza na plataforma Change.org, onde levan recollidas máis de 3.700 firmas contra as zonas de caza deste termo municipal. En substitución, propoñen a "creación dun gran Parque Forestal, un anel de natureza que poida gozar calquera animal e calquera persoa, lonxe de balas e sangue". 


A Asociación Animalista Libera, xunto á Fundación Franz Weber, afirma que aspiran con esta recollida de firmas a "lograr a primeira declaración pública dunha localidade completamente libre de caza por razóns de interese público, que neste caso correspondería á Xunta de Galicia, por ser a administración que ostenta as competencias en materia cinexética".

Sobre esta actividade, lembran que desde 2013, ano en que entra en vigor a Lei de Caza actual, "as distancias de seguridade para as batidas reducíronse dos 200 aos 100 metros e permítese disparar en camiños non asfaltados ou sinalizados, provocando queixas continuadas entre os veciños de urbanizacións como Valaire, Obradoiro ou Breogán, na Zapateira", indican sobre a situación na Coruña.

A petición tamén lembra que a caza "é responsable do abandono de decenas de cans cada final de tempada, animais que son recolleitos polo servizo do Centro Municipal de Protección Animal de Bens, por veciños ou por entidades protectoras da comarca, algúns en terribles condicións hixiénico-sanitarias".

relacionada Vídeo de furtivo sorprendido colocando trampas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE