Seis xornadas de folga para demandar un novo convenio de ambulancias

A CIG denuncia "interrogatorios" a traballadores do sector previos a unha asemblea, que a Garda Civil enmarca nunha investigación sobre sabotaxes


|

Ambulanciainterior


A Confederación Intersindical Galega pide que se negocie un novo convenio de ambulancias en Galicia e convoca folga para o 8 e 9 de maio, o 6 e 7 de xuño e o 5 e 6 de xullo. O representante da CIG, Inácio Pavón, confirmou as seis xornadas de folga acordadas en asembleas de traballadores nas diferentes áreas sanitarias.


Ademais, Pavón denunciou consecuencias da falta de convenio para o persoal da área sanitaria de Santiago e O Barbanza, na que dúas empresas xestionan o servixo. En concreto, apuntou que a patronal pretende "reducir os horarios" da xornada des traballadores para "pagar menos salario" e "contratar xente en prácticas que cobran o 60%" do soldo.

Ao respecto, a CIG denuncia unha baixada na área compostelá do "7% do prezo de saída do concurso" para a xestión do servizo de ambulancias, concurso "xa infradotado", recordou Pavón. "Agora din [as empresas] que non lles dá", aboundou, para matizar que elo supón un "empeoramento do servizo" que "se nota día a día".


MATERIAL
Neste sentido, asegurou que os traballadores de ambulancias, a instancias das empresas, "teñen que coller material" no hospital, como gasas, máscaras e mantas. "Están a roubalo no hospital", afirmou e engadiu que iso "é tolerado" pola Administración.

"É parte da compensación que lle dan ás empresas", apostilou o representante sindical, que explicou que "hai traballadores que se negan" a facer iso para dotar de material ás ambulancias e persoal hospitalario nalgún caso "chámalles a atención" cando o collen. Pavón lembrou que o prego do concurso "di que as ambulancias teñen que estar dotadas e se se gasta o material, repoñelo".

Tamén a central sindical apunta que "desde xaneiro" as empresas concesionarias do servizo na área compostelá atrásanse "no pago das nóminas", xa que ata entón lles abonaban o soldo aos traballadores nos últimos días do mes anterior e agora cobran entre o "5 e 7" do seguinte. "É unha medida de presión da empresa para que a Xunta liquídelles a papeleta", denuncia a CIG.

INTERROGATORIOS
Así mesmo, o sindicato denunciou que previamente á recente asemblea de traballadores celebrada na área de Santiago para decidir convocar a folga no sector de ambulancias, "foron chamados varios" empregados a cuarteis da Garda Civil da comarca compostelá para "interrogalos".

En concreto, a CIG denunciou que neses "interrogatorios", aos que se chamou a unha vintena de persoas, matizou, se lles preguntou aos traballadores de "varias bases" cuestiones como "se eran afiliados" ao sindicato, se ían asistir á asemblea e "se lles podían contar o que pasaba" na mesma.


Fronte a iso, fontes da Garda Civil han asegurado a Europa Press que este corpo leva a cabo unha investigación relacionada coa sabotaxe de ambulancias en Galicia e aseguraron que non ten que ver coa nova convocatoria da folga.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE