​Cando e como recorrer a un tradutor xurado?

Á hora de presentar documentación diante das administracións, é frecuente que salte a dúbida de se son válidos os documentos noutra lingua diferente ao castelán.


|

Á hora de presentar documentación diante das administracións, é frecuente que sáeche a dúbida de se son válidos os documentos noutra lingua diferente ao castelán.


En primeiro lugar, ter en conta que os documentos nas linguas cooficiais son totalmente válidos, se se presentan ante unha administración localizada no territorio onde esa lingua goza da cooficialidade. Así, loxicamente, non será necesario presentar unha tradución dos documentos en galego ante a Xunta ou os concellos ou deputacións de Galicia e tampoco ante as administración xeral do Estado con sede na autonomía.



Delegación do Goberno

O delegado do Goberno en Galicia, cabeza da Administración do Estado na autonomía


No caso de que as administracións galegas sexan as responsables do trámite, pero teñan que pedir un informe a algún Ministerio ou outro órgano oficial con base en Madrid ou noutra autonomía, non é infrecuente que esoutro organismo requira unha tradución ao español da documentación. En teoría, a Xunta dispón dun servizo de tradución propio, pero tampouco é infrecuente que lle pida ao interesado que achegue a documentación en castelán, e pode requirir que esta sexa unha tradución xurada.


COMO CONTRATAR UN TRADUTOR XURADO


Nos casos de que se pida unha tradución xurada, isto implica que non a pode facer calquera. O Ministerio de Exteriores, a administración competente neste tema, dispón na súa web dunha lista actualizada de tradutores xurados.


Que formen parte desta listaxe non implica que os tradutores sexan do Ministerio. Ao contrario, son profesionais independentes que adoitan operar de maneira autónoma ou, máis a miúdo, como parte de unha empresa de tradución. Os seus servizos son por regra xeral, máis caros que os dun tradutor non certificado, logicamente. 


A través de Internet é fácil de buscar axencias que ofrezan este tipo de servizo. É común tamén que permitan enviar o texto e, en base ao número de palabras e á natureza do texto -porque os textos especializados adoitan ter unha tarifa máis alta- recibir un orzamento sen compromiso. Todos estes trámites levan o seu tempo, así que un bo consello é non deixar a obtención da tradución xurada para os últimos días do prazo administrativo que, no seu caso, debamos cumprir para, por exemplo, presentar a documentación para presentarnos a unhas oposicións ou a outro posto no sector público.


REQUISITOS DO DOCUMENTO DA TRADUCIÓN XURADA


O documento da tradución xurada, para ser válido, ten que incluír en todo caso o selo, a firma e a certificación do tradutor certificado. En caso contrario, pode non ser suficiente para as Administracións Públicas ou ante as entidades privadas receptoras da documentación. Mediante o selo e a firma, o tradutor xurado certifica que o documento que traduciu coincide ao 100 por 100 co texto de orixe, texto orginal cuxa copia tamén asina e sela o citado profesional.


Por último, é importante usar traducións xuradas no ámbito xudicial. Así, a a Lei 1/2000 de Axuizamento Civil obriga a que calquera documento estranxeiro, para ser tomado en consideración no sumario, debe chegar acompañado pola súa correspondente tradución ao castelán. Se non o está, calquera das outras partes ou o propio xuíz pode alegar que non é válido. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE