Pontevedra en busca da eficiencia na xestión Sanitaria
Profesionais sanitarios de Castela e León, Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia buscan a eficiencia na xestión sanitaria
O sábado 7 de abril Pontevedra acolle as I Jornadas de modelos de Gestión Sanitaria, que reúnen a profesionais sanitarios de varias comunidades autónomas "en busca da eficiencia". Baixo este lema, expertos de Castela e León, Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia expoñerán as experiencias que se están levando a cabo en Servizos e Unidades dos seus centros hospitalarios.
A xestión clínica baseada na experiencia do paciente, a organización e o traballo do fisioterapeuta en unidades multidisciplinares, as competencias profesionais como factor chave nas organizacións excelentes, e o concepto de Fisioterapia desde unha visión ecléctica e globalizada son as claves para analizar nunhas xornadas nas que a fisioterapia se analizará como un fío condutor cara á eficiencia. Están programadas un total de dez relatorios e tres mesas de debate.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a directora de procesos asistenciais do EOXI Pontevedra-Salnés, Sonia Fernández-Arruty Ferro; e o presidente do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, Perfecto Pampín Lado inauguran o encontro organizado polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia o sábado ás 9:30h.
Escribe o teu comentario