A Assembleia Nacional Galega pide á comunidade internacional que actúe en Cataluña

A Assembleia Nacional Galega, un grupo "galeguista e independente" inspirado por Ómnium Cultural, solidarízase coa situación dos dirixentes cataláns "represaliados" e coas súas familias e pide ás estado "solucións políticas".


|

A Assembleia Nacional Galega, un grupo "galeguista e independente" inspirado por Ómnium Cultural, solidarízase coa situación dos dirixentes cataláns "represaliados" e coas súas familias e pide ás estado "solucións políticas".



Manipresospoliticosbarcelona 1


A través dun comunicado de prensa, esta asociación expresa o seu apoio ao "presidente lexítimo" Carles Puigdemont, así como ao resto de "exiliados" e presos.


O colectivo recalca que defende "o dereito de autodeterminación dos pobos" e lembra que estes dirixentes "foron elixidos pola cidadanía catalá" para "levar a cabo un referendo que reflectise a súa vontade".


"Ante a imposibilidade de abrir un diálogo frutífero e directo co estado, os cataláns decidiran liberarse da opresión á cal senten estar sometidos", opina.


Neste escenario, considera que "os problemas políticos desta índole só poden ser solucionados con respostas políticas e non a través do recurso á forza bruta por medio da judicialización do conflito, as ameazas, a intimidación e a represión sistemática". "Non hai democracia sen diálogo político", conclúe, sinalando que "a comunidade internacional vai ter que interceder, deixando ao carón a súa pasividade". 

1 Comentarios

1

Revisade as gralhas. Nom é o mesmo estar "inspirado em" que "inspirado por". Tampouco entendo o de " pide ás estados".

escrito por TnO 31/Mar/18    11:05 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE