​Búscase ao cazador que matou esta loba

Alguén disparou preto dunha casas, abatindo unha especie protexida sen solicitar o permiso pertinente e nunha zona na que non hai denuncias de danos por ataques do depredador. Agora, esa persoa está no punto de mira dos axentes ambientais da Xunta.


|

Alguén disparou preto dunha casas, abatindo unha especie protexida sen solicitar o permiso pertinente e nunha zona na que non hai denuncias de danos por ataques do depredador. Agora, esa persoa está no punto de mira dos axentes ambientais da Xunta.



20180328 lobacoristancocadaver


Os axentes ambientais do Distrito II (Bergantiños-Mariñas Coruñesas) informan que están a investigar a morte por disparo dunha loba no lugar da Rabadeira, na parroquia de San Mamede de Seavia, no concello coruñés de Coristanco. O cadáver foi retirado o pasado sábado 24 e “presentaba mostras evidentes de que a morte se debeu a un disparo”.


Os axentes din que recolleron na zona os indicios que poidan permitir dar co autor destes feitos. O disparo, presuntamente, efectuouse na zona de seguridade próxima ás vivendas do lugar da Rabadeira e en dirección a unha estrada. Os feitos constitúen diversas infraccións á Lei de Caza de Galicia.


O colectivo profesional que ten o labor de preservar a flora e a fauna lembra que está prohibido abater un lobo sen a correspondente autorización. Ademais, fai falta sinalar que estamos fóra da tempada de caza.



20180328 lobacoristancocabeza


Segundo a información dispoñible, non existen reclamacións nos últimos anos na zona por mor de danos producidos por esta especie, polo que “non hai ningunha xustificación para este suceso”. Os axentes ambientais sinalan que este animal é o único preeiro que pode controlar a poboación de xabaril, que si ocasiona danos nos cultivos agrícolas da zona.


Ademais do disparo que supostamente causou a morte da loba, o cadáver presentaba varios orificios nas patas traseiras coa aparencia de ser ocasionados por perdigóns. Con todo, son dunha ocasión anterior á data da aparición do cadáver.


Á espera dos resultados da necropsia, os axentes ambientais solicitan a colaboración cidadá para que calquera persoa que teña algún dato do suceso póñase en contacto do Distrito II da comarca de Bergantiños ou que acuda á oficina comarcal do distrito ambiental, situada no edificio Fórum de Carballo.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE