O Concello da Coruña apoiará as actuacións da Federación de Asociacións Veciñais
O Concello da Coruña renovou o convenio de colaboración coa Federación de Asociacións Veciñais para apoiar accións que desenvolva esta entidade, entre elas as de asesoramento ás entidades que a integran.

Segundo informa o goberno local, destinarase un total de 45.000 euros para "contribuír a manter" a plataforma web da federación, así como para actuacións de formación en novas tecnoloxías.
Trátase do terceiro acordo anual que subscribe o concello e a federación veciñal. Este ano incorpórase a estas accións a de manter a plataforma web da federación que puxo en marcha o ano pasado "para facilitar información e tamén a participación de todo o tecido asociativo da cidade".
Escribe o teu comentario