Poñendo de moda as Rías Baixas nas grandes cidades da Península

Comeza a campaña de promoción das Rías Baixas. Baixo a marca "Destino Rías" a Deputación de Pontevedra divulgará os atractivos turísticos e culturais da provincia en multitude de soportes.


|

Comeza a campaña de promoción das Rías Baixas. Baixo a marca "Destino Rías" a Deputación de Pontevedra divulgará os atractivos turísticos e culturais da provincia en multitude de soportes.  



1603 Somos historias


Así, a Deputación de Pontevedra presentará este martes a campaña coa que promocionará as Rías Baixas como destino turístico en Madrid e que arrincará o 20 de marzo no Teatro Rialto.


Alí estará un público integrado por operadores turísticos, medios de comunicación xeneralistas e especializados, blogueros, 'influencers' nas redes sociais, así como representantes de asociacións de empresarios e colectivos galegos na capital de España.


A iniciativa, que ten como nome 'Destino Rías', completarase con anuncios que se instalarán ao longo dos próximos meses en soportes publicitarios situados nas rúas, traseiras de quioscos, trens e no metro de Madrid.


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, indicou que na capital española cobrarán protagonismo "todos os recursos que configuran o patrimonio" a provincia pontevedresa, desde o patrimonio fortificado, ata o arqueolóxico, o paisaxístico, o literario, o relixioso e espiritual, o inmaterial, o patrimonio natural, e o patrimonio etnográfico e cultural.


Tamén terán protagonismo a figura de María Vinyals, os 'Festivais de música Rías Baixas' e as festas de interese turístico, incluíndo degustacións gastronómicas de produtos característicos desta terra, o que constitúe, para a presidente, "outra maneira de conquistar ao público".


A presentación de 'Destino Rías' estará conducida polo xornalista pontevedrés Xabier Fortes, que actuará como un "gran embaixador da provincia".


Silva adiantou que, do mesmo xeito que en Madrid, tamén se realizarán presentacións do destino Rías Baixas noutros puntos da xeografía peninsular entre os que se atopan Barcelona, Porto e Lisboa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE