O AquaeTalentHub de Ourense reúne a máis de 300 profesionais e estudantes
Contou coa master class do físico Pablo Martínez Ruiz da Árbore e o taller de Irene Lapuente, experta en designthinking e método creativo
O salón Marie Curie do Campus de Ourense da Universidade de Vigo acolleu esta mañá a 350 asistentes durante a celebración do AquaeTalentHub, un encontro para mentes curiosas e apaixonadas que impulsa o talento, as novas ideas e o coñecemento. Esta media xornada de traballo ,inspiracional e divulgativa, contou coa master class de Pablo Martínez Ruiz da Árbore, científico do Instituto Tecnolóxico de Zúric; e o taller de Irene Lapuente, experta en designthinking e método creativo.
AquaeTalentHub é un encontro para mentes inquietas e curiosas que queren aprender sobre innovación, compartir coñecementos e ampliar a súa rede de contactos. O seu formato, con talleres participativos e espazos para o networkinge intercambio de ideas, convérteno nun espazo de debate e reflexión ao redor da innovación e o emprendimientodonde o talento, o coñecemento e as persoas son os protagonistas.
O evento, que é froito da colaboración entre Viaqua, a súa fundación, Fundación Aquae, e a Universidade de Vigo, arrincou con o taller de Irene Lapuente, fundadora de ‘A Mandarina de Newton’, empresa que une ciencia e tecnoloxía para fomentar a creatividade. A través de actividades prácticas e xogos participativos, Lapuente, física de formación, descubriunos como o pensamento dos físicos pode axudarnos a todos na nosa vida cotiá.
Tras o taller, os asistentes asistiron a a master class do físico Pablo Martínez Ruíz da Árbore, na que nos explicou como os científicos como el estruturan o seu pensamento,deseñan os seus experimentos e establecen conexións para conseguir resultados. A través dalgúns exemplos da historia da Física de Partículas, descubriunos o funcionamento do pensamento científico. "Un proceso de pensamento que estaría moi ben fomentar na sociedade en xeral", destaca Martínez Ruiz da Árbore.
Escribe o teu comentario