​Sitúan a Santiago como unha das cidades máis baratas para unha escapada

A Semana Santa está ao virar a esquina. Medio país anda pensado nas vacacións ou nunha escapada de fin de semana. Se o que busca é descubrir unha ciudade ou visitar conxuntos históricos e, ademais, non rañar demasiado o peto … Santiago de Compostela pode ser unha boa elección.


|

A Semana Santa está ao virar a esquina. Medio país anda pensado nas vacacións ou nunha escapada de fin de semana. Se o que busca é descubrir unha ciudade ou visitar conxuntos históricos e, ademais, non rañar demasiado o peto … Santiago de Compostela pode ser unha boa elección.


Turistasobradoiro


Resulta Musement, plataforma de reservas de experiencias de lecer e cultura a nivel mundial, calculou canto costa, de media, unha escapada en 15 cidades españolas. E unha das máis baratas é a capital de Galicia, só por detrás de de Oviedo, Salamanca, Zaragoza e Murcia.


Pola contra, as máis caras para pasar un fin de semana en España son Barcelona, Bilbao, Madrid, Málaga e Valencia.


Letizia Stok, Country Manager da compañía, explica que “para levar a cabo o estudo tivemos en conta o prezo medio de dúas noites de hotel, un billete de autobús, un menú, unha caña e unha atracción turística en cada unha das cidades analizadas”.


A cidade condal ocupa o primeiro posto das escapadas máis caras, cunha media de gasto de 236 euros. Séguelle de preto Bilbao, polo que quen desexe pasear pola zona vella da cidade ou visitar o Guggenheim que preparen o seu peto porque un fin de semana custa, de media, 210 euros.


VISITAR SANTIAGO UN FIN DE SEMANA ROLDA Os 150 EUROS


A plataforma calcula que por 150 euros podemos descubrir a Catedral de Santiago, visita obrigada para todos aqueles que queiran escaparse á capital galega. Tamén no norte atopamos a seguinte cidade máis económica, Oviedo, onde podemos escaparnos por 144 euros .


Se o noso orzamento é de 143 euros, podemos gozar de 48 horas en Salamanca e a súa Universidade. Dous euros menos (141€) é o que custa pasar un fin de semana en Zaragoza. Por último, a cidade máis barata para escaparse un fin de semana é Murcia, aínda que tampouco é unha cidade habitual nos circuítos turísticos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE