Prodúcese un novo desbordamento nunha das balsas da mina de Touro

A borrasca 'Félix' foi a principal causa do problema, que de acordo á asociación Aldea Viva causou "abundantes espumas e unha secreción leitosa" que atravesa sen problemas as medidas de seguridade establecidas


|


3


A polémica ao redor da mina de Touro e as perigosas consecuencias ambientais que traería consigo segue en auxe, ante a loita imparable de decenas de veciños, asociacións, sindicatos e institucións científicas. Nesta ocasión, foi a borrasca Félix o detonante do novo desbordamento dunha das balsas da mina, en concreto a localizada na corta de Bama, a uns 50 metros de elevación e a uns 100 metros de distancia do río Brandelos.


O desbordamento ocasionado polo temporal supuxo a formación, de acordo a un comunicado da asociación Aldea Viva, “de abundantes espumas e unha secreción leitosa” que atravesa “sen problemas” as medidas de seguridade propostas, que lembramos trátanse dunha “elemental” barreira de geotextil.



Segundo o declarado por Aldea Viva, a situación deixa en evidencia as “actuacións dos responsables da Consellería de Medio Ambíente e da empresa pública de Augas de Galicia”. Ambas as institucións foron advertidas pola propia asociación do perigo que experimentan os cursos fluviais da zona, precisamente polo escaso control e restauración dos efectos da antiga mina.


INCUMPRIMENTO DE LEXISLACIÓN E DIRECTIVAS EUROPEAS


Aldea Viva lembra que durante o mes de febreiro tanto En Marea como o PSdeG apoiaron as actuacións da asociación “levando ao Parlamento os seus requirimentos” e presentando preguntas para a súa posterior resposta no Pleno e nas Comisións 6ª e 2ª, ante a situación de incumprimento permanente da lexislación autonómica estatal e das directivas europeas 2000/60/CE, 2006/21/CE e 2004/35/CE.


A situación actual das balsas da mina de Touro permanece incompatible coa Directiva Marco da auga (2000/60/CE), establecida para “deter a deterioración do estado das masas de auga en toda a Unión Europea”; así como coa Directiva Europea 2006/21/CE, sobre “a xestión dos residuos de industrias extractivas”, na que esixe requisitos mínimos para previr calquera efecto adverso sobre o medio ambiente e a saúde humana.


Da mesma forma a Directiva 2004/35/CE, explica Aldea Viva, indica que “a falta de acción” sobre as paraxes contaminadas carrexa un incremento da contaminación e da perda da biodiversidade.


En consecuencia, e dado que non é a primeira vez que ocorre un desbordamento deste tipo, a asociación Aldea Viva ampliou a denuncia “diante dos organismos competentes” para que leven a cabo medidas que logren solventar esta grave problemática ambiental.

relacionada Vídeo de nova vertedura na mina de Touro
relacionada Que impacto terá a megamina de Touro? Mineira e veciños dan versións enfrontadas
relacionada A mina de Touro: "un desastre ambiental sen precedentes" para a Asociación Aldea Viva

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE