1000 € de recompensa a quen axude a atopar ao que carbonizou este can

A asociación animalista Libera! e a Fundación Franz Weber (FFW) ofreceron unha recompensa de mil euros, a terceira que activaron nas últimas semanas, para pedir información sobre outro caso de malos tratos animais extremos, tras a aparición dun can carbonizado no parque forestal das Pedriñas, en Mos (Pontevedra).

|

A asociación animalista Libera! e a Fundación Franz Weber (FFW) ofreceron unha recompensa de mil euros, a terceira que activaron nas últimas semanas, para pedir información sobre outro caso de malos tratos animais extremos, tras a aparición dun can carbonizadeou no parque forestal das Pedriñas, en Mos (Pontevedra).



DYFQN2JWAAEO7tD



Segundo informaron estas organizacións a través dun comunicado, o pasado domingo un cidadán atopouse un can carbonizado nas Pedriñas e puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil, cuxos axentes comprobaron que o animal carecía do preceptivo chip identificador. A persoa que fixo o achado difundiuno a través de redes sociais.


Ante estes feitos Libera! e Fundación Franz Weber ofreceron unha recompensa de mil euros para quen facilite "datos fiables" que permitan dar co autor ou autores dese "brutal acto de crueldade", que non se perpetrou no lugar onde foi localizado morto o can.


Os animalistas denunciaron un incremento da violencia cara aos animais desde comezos deste ano e, de feito, esta é a terceira recompensa que ofrecen para tentar identificar os responsables destes actos.


OUTRO CASO EN VERÍN

Así, ofrecen tamén unha compensación de mil euros a quen dea información sobre unha perrita que foi tiroteada en Verín e que tivo que ser sacrificada despois debido ás graves feridas que padecía; a mesma recompensa a quen achegue datos sobre un gato queimado vivo en Baiona e, agora, sobre ese can carbonizado en Mos.


FFW e Libera! instaron á Xunta de Galicia e ao Concello de Mos a "poñer todos os medios necesarios para esclarecer este caso de sadismo animal" e lembraron que o seu autor podería enfrontarse a unha vía administrativa, con sancións de ata 30.000€ segundo a Lei de Benestar Animal de Galicia, ou á vía penal, onde se contemplan penas de prisión de ata un ano e inhabilitacións para oficios, comercio ou tenencia de animais por un máximo de 36 meses.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE