Un narco ameaza a "Fariña" por unha escena de sexo
'Fariña' non se baixa da onda mediática. Tras o secuestro xudicial do libro, a noticia de que a Sito Miñanco atopáronlle en guión da serie cando o detiveron ... agora únese o outro gran nome do narcotráfico galego, Laureano Oubiña, molesto por unha escena de cama na serie que acaba de estrear Antena 3.
'Fariña' non se baixa da onda mediática. Tras o secuestro xudicial do libro, a noticia de que a Sito Miñanco atopáronlle en guión da serie cando o detiveron ... agora únese o outro gran nome do narcotráfico galego, Laureano Oubiña, molesto por unha escena de cama na serie que acaba de estrear Antena 3.
Oubiña ameaza con emprender accións legais contra a produtora da serie 'Fariña' tras introducir unha escena de sexo entre el mesmo e a súa muller, Esther Lago (xa falecida), no primeiro capítulo da ficción baseada no libro homónimo, emitido esta semana.
Segundo trasladaron a Europa Press fontes próximas a Oubiña, o coñecido narco prevé enviar requirimentos "a semana que vén" á produtora, en concreto Bambú Producións, para informar os responsables de que se reserva "as accións legais oportunas" pola "vulneración do dereito á imaxe e á intimidade".
Neste requirimento, engaden as mesmas fontes, informarase á produtora das posibles consecuencias sobre a "vulneración destes dereitos", como a posible solicitude dunha indemnización polos danos á imaxe do propio Oubiña.
"Falei co señor Oubiña onte e mostrábase, desde logo, moi afectado polas imaxes que saían", asegurou, entendendo que, cando unha produtora decide impulsar unha serie, "habería que contar" coas persoas sobre as que se fala e que aparecen "con nomes e apelidos".
A pesar diso e "por prudencia", as accións legais permanecerán en estudo, dado que a serie aínda non foi emitida na súa totalidade, aínda que o proceso podería levar a unha demanda pola vía civil e pola vulneración do dereito á imaxe e á intimidade, coa petición de indemnización correspondente.
As mesmas fontes sinalaron que tamén se prevé enviar requirimentos á editorial que publicou a obra homónima de Nacho Carretero, na que está baseada a propia serie, advertindo de que o libro "está a venderse de forma abundante" a pesar das medidas cautelares solicitadas polo exalcalde do Grove (Pontevedra) José Alfredo Bea Gondar, quen demandou en xaneiro ao autor e a 'Libros do KO' por suposta vulneración do seu dereito á honra.
Escribe o teu comentario