Galicia, única autonomía onde as rendas empresariais xa superan aos salarios

Desde a reforma laboral, os salarios galegos han caído de supoñer case o 47% da riqueza do país ata o 42%.   


|

A desaparición da clase media e os perigos socieconómicos que trae consigo conforman unha realidade cada vez máis presente na sociedade galega, sendo a desigualdade económica unha problemática que non cesou no seu crecemento durante os últimos anos. De acordo aos datos proporcionados pola UGT, a Reforma Laboral de 2012 supuxo o afundimento dos salarios dos traballadores galegos, que descenderon de supoñer un 46,9% do PIB en 2008 ata un 42,4% na actualidade. Mentres, as rendas empresariais han mellorado a súa posición, dun 45% ata un 47,7%.


Obrerotrabajador


A última reforma laboral, dacordo a UGT unha “arma arreboladiza para precarizar o mercado laboral e as condicións de vida dos traballadores”, consolídase como a principal responsable do incremento desta desigualdade económica,. O ano 2012,  cando o PP aproba a reforma, supón o gran punto de inflexión que marca o importante descenso en salarios, deixando o volume de remuneración “en mínimos históricos”.


Se en 2008 a porcentaxe do PIB correspondente a salarios en Galicia era do 46,9%, baixa en 2012 ata o 45,4%, para descender en 2016 ao 43,1 % e acabar en 2017 polo 42,4%. Doutra banda, foron as ramas da industria, a construción e as actividades financeiras e de seguros nas que se produciu unha maior perda de remuneración, cun descenso en termos relativos do 29%.


As rendas empresariais seguiron o mesmo patrón, pero á inversa,: mantiveron en 2012 o seu correspondente 45%, alcanzando en 2016 o 46,9% e en 2017 o 47,7%. O seu constante crecemento marca unha desigual repartición do PIB, e por tanto, unha problemática social enraizada na Reforma Laboral de 2012.


Ademais, de todo o Estado español Galicia é a comunidade autónoma que peor parada sae das consecuencias da medida do PP. Aínda que no resto de España tamén se constata un empeoramento dos salarios e unha mellora dos beneficios empresariais, e en consecuencia unha crecente desigualdade económica, a remuneración dos asalariados mantense por diante das rendas empresariais. Un mal menor que non soluciona a brecha entre as rendas de traballadores e empresarios, pero que demostra a peor situación de Galicia en canto a distribución de riqueza.


DESTRUCIÓN DE EMPREGO


Non só os salarios víronse afectados en beneficio das rendas empresariais; tamén o propio emprego resentiuse a partir da imposición da Reforma Laboral, con preto de “22.000 traballos destruídos” nos seus dous primeiros anos. 


En 2014, o número de postos de traballo equivalentes a tempo completo tocou fondo, e a pesar de que a situación comeza a mellorar, aínda faltan preto de 190.000 postos de traballo equivalentes a tempo completo para “recuperar o nivel de 2008”, dos cales 158.000 corresponden a poboación asalariada.


PEOR CALIDADE DE VIDA


É por isto polo que, a pesar de que o PIB continúa crecendo, a mellora económica non se traduce nunha mellora na calidade de vida das persoas, debido a que alimenta unha desigualdade cada vez máis notable; materia na que, ademais, España atópase á cabeza da Unión Europea.


Os beneficios empresariais seguen en alza mentres que os salarios son cada vez máis baixos, ata o punto de resultar , segundo a UGT, “ineficiente”, ao restar capacidade de crecemento á economía; “inxusta”, pola evidente desigualad que supón ao reducir o poder adquisitivo dunha maioría de galegos e españois; e “insustentable”, acarrexando un máis que probable conflito social ao redor desta problemática.


Ante esta situación, UGT-Galicia esixe a reversión da Reforma Laboral, un aumento dos salarios que permita unha mellora "no poder de compra e en recuperar o perdido desde 2008", así como un salario mínimo de convenio de 1.000 euros. Ademais, o sindicato busca un "reforzamento das prestacións sociais" e a retirada da reforma das pensións de 2013.

relacionada Os galegos perden poder adquisitivo a pesar de que o salario medio está en máximos
relacionada ​Unai Sordo carga contra "a precariedade como forma de xestión nas empresas"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE