Un ferido de bala, unha persoa atada e oito detidos

Estraño suceso esta madrugada en Vigo. O que parecía ser un simple intento de roubo acabou con oito detencións, unha persoa ferida de bala e o decubrimiento doutra coas mans atadas en piso próximo.


|

Estraño suceso esta madrugada en Vigo. O que parecía ser un simple intento de roubo acabou con oito detencións, unha persoa ferida de bala e o decubrimiento doutra coas mans atadas nun piso próximo.



800px P1160843 Escultura O Corredor Ramu00f3n Conde Vigo 01

Imaxe da Avenida da Florida ( Elisardojm / wikimedia)


A Policía Nacional detivo a oito persoas en Vigo pola súa suposta relación coa localización dun home ferido de bala na Avenida da Florida da cidade olívica na madrugada deste xoves, na que tamén atopou un home coas mans atadas nun piso nesa zona.


Segundo informaron fontes policiais, a Policía desprazouse á Avenida da Florida sobre as 2,30 horas tras ter coñecemento de que había unha persoa ferida por arma de fogo de pequeno calibre. Unha vez no lugar, esta persoa relatou aos axentes que fora vítima dun roubo e que lle dispararan.


Con todo, a Policía non considerou crible esta versión e, tras realizar pescudas, localizaron un piso próximo no que podería haber persoas relacionadas con ese incidente.


Unha vez nese piso, os axentes atopáronse con varias persoas, unha delas, un individuo que estaba coas mans atadas. A intervención policial saldouse con oito detidos, incluído o home que estaba coas mans atadas e o ferido de bala.


Polo momento non transcenderon os posibles delitos polos que foron detidos, e todos eles atópanse pendentes de declarar en comisaría, para o esclarecemento dos feitos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE