R alerta de “chamadas sospeitosas” pedindo datos bancarios
A marca galega de telefonía R advirte que “varios clientes avisáronnos que recibiron chamadas facéndose pasar por R”. Nunha entrada da súa web a semana pasada, a compañía asegura que é “algo moi grave”.
A marca galega de telefonía R advirte que “varios clientes avisáronnos que recibiron chamadas facéndose pasar por R”. A compañía asegura que é “algo moi grave” e que os seus servizos xurídicos andan estudando os presuntos intentos de estafa.
Os falsos interlocutores, ao parecer, preguntan polos 20 números da conta bancaria e outros datos persoais; o que abre a porta a fraudes.
Ante isto, a operadora, parte do grupo Euskaltel, informa que os seus teleoperadores como moito preguntarían polo últimos seis números da conta, para verificar a identidade do clientes. Ademais, aconsellan que “se o acento faiche sospeitar, sabes que sempre entendemos e falamos galego (outros non)”.
R, aclara, en unha entrada da súa web a semana pasada, que eles nunca ceden os datos dos seus clientes.
Escribe o teu comentario