De Mesa cobra o dobre que Rajoy polo seu cargo en Rede Eléctrica

O ex-director da Garda Civil non ten formación algunha relacionada coa enerxía ou a enxeñería. De feito, a súa carreira profesional previa á política redúcese a un posto de auxiliar na Autoridade Portuaria de Ferrol e á xestión dunha empresa de aprovisionamento de buques. A pesar diso, o Goberno impulsou a Antonio Fernández de Mesa ao Consello de Administración da REE. Isto desatou no seu día críticas por velo a oposición como un clamoroso exemplo das chamadas "portas giratorias". Un debate que se pode reabrir ao fío do informe sobre remuneracións remitido polo xestor da rede eléctrica á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).


|

Arsenio Fernández de Mesa en Ferrol


O ferrolán Arsenio Fernández de Mesa percibiu 156.000 euros como conselleiro de Rede Eléctrica de España (REE) no exercicio de 2017, deles 121.000 como retribución fixa, 16.000 por dietas e 19.000 como remuneración por pertenza a comisións do consello.


O ex-director da Garda Civil non ten formación algunha relacionada coa enerxía ou a enxeñería. De feito, a súa carreira profesional previa á política redúcese a un posto de auxiliar na Autoridade Portuaria de Ferrol e á xestión dunha empresa de aprovisionamento de buques. A pesar diso, o Goberno impulsou a Antonio Fernández de Mesa ao Consello de Administración da REE. Isto desatou no seu día críticas por velo a oposición como un clamoroso exemplo das chamadas "portas giratorias".  Un debate que se pode reabrir ao fío  do informe sobre remuneracións remitido polo xestor da rede eléctrica á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).


COMPARACIÓN CON OUTROS POLÍTICOS


O soldo de Fernández de Mesa é máis do dobre, por exemplo, que a que recibe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo (73.000 euros en 2017) e case o dobre que a do xefe do Executivo central, Mariano Rajoy (79.756 euros).

O exdirector xeral da Garda Civil foi designado como conselleiro o pasado ano, segundo anunciou a empresa nunha nota de prensa remitida á CNMV a finais de xaneiro.


"IDÓNEO PARA O CARGO"


Deixou o seu cargo á fronte da Garda Civil en novembro de 2016 e asumiu o posto de vogal de REE por cooptación e en substitución de Agustín Conde, quen saíu do consello de administración ese mesmo mes para converterse en secretario de Estado de Defensa.

No comunicado, a compañía indicou que Fernández de Mesa "foi considerado idóneo para o cargo, dada a súa experiencia e coñecementos en materia de seguridade integral, condicións que tamén reunía Agustín Conde e que son fundamentais para Rede Eléctrica".

REE destacou do novo conselleiro a súa condición de deputado durante sete lexislaturas, entre 1989 e 2012, así como o desempeño de cargos como o de presidente da Comisión Nacional de Defensa, membro da Asemblea Internacional da OSCE e membro da Asemblea Parlamentaria da Alianza Atlántica.

Tamén se referiu a que foi delegado do Goberno en Galicia (2000-2004) e asesor do ministro de Administracións Públicas (2004), ademais de director xeral da Garda Civil entre decembro de 2011 e novembro de 2016.

Nesta última etapa, asegurou REE, Fernández de Mesa adquiriu "máis experiencia non só en materia de seguridade, senón tamén no ámbito da xestión de organizacións, xa que xestionou un persoal de 85.000 profesionais en máis de 45 países".

Nacido en Ferrol en 1955, é funcionario do Porto de Ferrol e ocupou cargos no Partido Popular como o de coordinador territorial nacional.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE