Carreira popular polo litoral da Coruña

Os corredores marcharán desde a Torre de Hércules ata o Castelo de San Antón durante a noitiña do 31 de marzo.


|

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñocemento vén de abrir o prazo de inscrición para participar na cuarta proba do Circuíto Coruña Corre desta tempada, a VIII Carreira Popular Torre de Hércules - Trofeo José Antonio Varela Calviño. A cita deportiva, que se celebrará no último fin de semana de marzo, terá a súa saída e meta ao pé do monumento Patrimonio da Humanidade, nun trazado no que as e os atletas percorrerán o barrio de Adormideras e o Paseo Marítimo ata o Castelo de San Antón. Ao atractivo do circuíto, pola súa proximidade á contorna natural da Torre e ao Océano Atlántico, súmase tamén o seu horario: un ano máis, as e os atletas que se inscriban na categoría absoluta, competirán de noite.

Carreratorreherculescoruna


A proba, que comezará ás 21.00 horas do sábado, 31 de marzo, contará cun trazado de 6.675 metros que percorrerá o Paseo dos Menhires, a Enseada de San Amaro e o Paseo Marítimo desde o agra de San Amaro ata a rotonda das Ánimas, punto no que o grupo dará á volta cara á Torre de Hércules. O peche de control será ás 22.15 horas e, unha vez realizado este, procederase á entrega de premios. As probas das categorías inferiores, desde prebenxamín ata sub 18, sucederanse pola tarde, desde as 17.15 ata as 19.20 horas --a entrega de medallas terá lugar ás 19.40 horas--.


Para participar na VIII Carreira Popular Torre de Hércules, a inscrición pódese realizar na web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares, ou tamén de forma presencial na Oficina de Viaxes El Corte Inglés na avenida de Rubine, 3-5, en horario de 09.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas ata o 27 de marzo. O Servizo Municipal de Deportes lembra que todas as persoas que desexen participar na proba, independentemente de que figuren como participantes no circuíto, deberán inscribirse na carreira e recoller un novo dorsal e chip. Os dorsais, de uso obrigatorio para participar e puntuar --tanto na proba como no propio Circuíto Coruña Corre-- repartiranse no Frontón da Cidade Deportiva da Torre, o mesmo sábado 31 de marzo desde as 10.00 horas ata unha hora antes do comezo de cada unha das carreiras. Como é habitual, as e os participantes contarán, en leste mesmo recinto, co servizo de gardarroupa --de 20 a 22.30 horas-- e de duchas, ademais do avituallamento que se entrega ao chegar a meta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE