​Denuncian a existencia de dous criadeiros de animais exóticos

Unha protectora avisa de que lle chegaron rumores de "entre cincuenta e cen" animais, aínda que cren que son menos.


|

Piton serpe


A Protectora de Animais Exóticos de Galicia (Paexga) denunciou a existencia de polo menos dous criadeiros de animais exóticos en Lugo, un de serpes e outro de distintas especies como camaleóns, tarántulas e alacráns.


O primeiro deles, o de serpes, segundo indicou o presidente desta entidade, Eduardo Rodríguez, estaría asentado na cidade, polo que a protectora centra as súas investigacións na contorna da Avenida da Coruña. Pola súa banda, o segundo situaríase na provincia.


O presidente de Paexga explicou que os indicios que teñen da existencia destes dous criadeiros son "a través de rumores" e recoñeceu que, no caso dos réptiles, pódese tratar de "un afeccionado que pode ter oito ou nove exemplares supostamente nun baixo".


"En principio chegounos que podía ter entre cincuenta e cen reprodutores, pero non podemos concretar que sexa certo. Por iso non alertamos ás autoridades porque non sabemos que hai de certo nisto", indicou Rodríguez que non quere "crear unha alarma innecesaria".


En canto ao "perigo" de manter estes criadeiros, Eduardo Rodríguez, augurou, probablemente, que se trata "máis a nivel de afeccionados, para custear a compra doutros especimes que dunha produción industrial".


Con todo, advertiu de que "se chega a ser a cantidade de animais que se di (entre 50 e cen serpes) é esaxerado a nivel de lecer". Aínda que cre que non supón un "perigo como tal non, porque son serpes que non teñen veleno ningún".


Finalmente, o presidente de Paexga incidiu en que se trata de serpes que "de cando en cando superan os dez metros", aínda que recoñece que se podería tratar de "pitóns" que no caso de Lugo serían da especie de "pitón real", un réptil do África Tropical, que, describe, "é a pitón máis inofensiva". "É a que recomendan aos que empezan coa afección das serpes", conclúe finalmente.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE