As parellas galegas son as que máis gastan en 'detalles' de San Valentín en España
Unha enquisa sinala que dous terzos das parellas celebra esta data, habitualmente cunha cea.
Os galegos con parella serán os que realizarán un maior gasto en San Valentín en España, cunha media de 96 euros por persoa, segundo unha enquisa realizada por Groupon --entre unhas 2.000 persoas en todo o Estado--.
O 68% dos galegos con parella asegura que celebrará esta data fronte ao 32% que di non festexala. Entre os que prevén ter algún detalle en San Valentín, ao redor dun terzo optará por unha cea romántica.
Así, os homes galegos con parella gastarán de media uns 106 euros, mentres que as mulleres uns 83 euros. Os homes non casados e as mulleres casadas serán as que máis gasten (111 euros). As que menos gastarán serán as mulleres non casadas (59 euros), segundo os datos desta enquisa.
Escribe o teu comentario