​O Goberno non permitirá "darlle un soldo" a Puigdemont e Junqueras propón unha presidencia de ERC

O líder de Esquerra rexeita a fórmula dunha Presidencia da Generalitat desde Bélxica porque "é obvio que o Estado xamais permitirá que sexa efectiva".


|

Mendez de vigo


O portavoz do Goberno, Íñigo Méndez de Vigo, asegurou que o Executivo non terá "ningunha contemplación" con Carles Puigdemont nin "consentirá" que ostente unha presidencia simbólica desde Bruxelas para "darlle un soldo".


Doutra banda, sobre a proposta de JxCat de facer unha reforma exprés da lei da presidencia da Generalitat que permita unha investidura a distancia de Puigdemont, Méndez de Vigo manifestou que "é ilegal" e que "ten moi pouco percorrido".


O portavoz do Goberno declarou tamén, tal e como recolle a información de Pressdigital, que a aplicación do artigo 155 da Constitución continuará "ata que faga falta".


PUIGDEMONT VS ROVIRA


Pola súa banda, o presidente de ERC, Oriol Junqueras, rexeitou a fórmula dunha Presidencia da Generalitat desde Bélxica porque "é obvio que o Estado xamais permitirá que sexa efectiva", e apuntou á secretaria xeral da súa formación, Marta Rovira, como posible candidata.


"É un xigante, unha persoa na que todos confiamos", asegurou nunha entrevista respondida por carta a 'El programa de Ana Rosa' de Telecinco, recollida por Europa Press, desde o cárcere de Estremera, na que se atopa en prisión preventiva desde outono.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada Os independentistas falan dun acordo inminente para a investidura
relacionada ​O partido de Puigdemont solicita cambiar a lei para investilo a distancia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE