​A rede de Sito Miñanco, "unha das estruturas narco-criminais máis potentes" do mundo

A operación sáldase con 43 detidos, cinco toneladas de droga e 15 millóns de euros en bens.


|

Droga 3800quilosEn 2017 foi interceptado un mercante con 3.800 kg de coca.

A Policía Nacional informou de que a operación contra a rede de Sito Miñanco, "unha das estruturas narco-criminais máis potentes a nivel mundial", saldouse con 43 detidos, cinco toneladas de estupefacientes intervidos e a incautación de bens e inmobles valorados en 15 millóns de euros. Tamén se procedeu ao bloqueo de 171 inmobles, cinco barcos e 139 contas bancarias e outros produtos financeiros.


A operación Mito iniciouse tras ser detectada a presenza en Marbella do coñecido narcotraficante galego xunto a outros membros da súa organización. Ao longo de máis de vinte meses de investigación, os axentes da Unidade de Drogas e Crime Organizado (UDYCO) comprobaron que Sito Miñanco, de 62 anos e con residencia fixada en Alxeciras, mantiña a súa principal infraestrutura na provincia de Pontevedra, onde están as súas orixes, aínda que desenvolvía a maior parte da súa actividade delituosa no sur da península.


Nesta última etapa da súa carreira criminal asociouse a organizacións criminais búlgaras, turcas e holandesas. Segundo informou a Policía nun comunicado, Sito Miñanco posuía unha extensa rede de colaboradores españois da súa máxima confianza, que conformaban a organización dedicada ao tráfico de drogas máis poderosa de Europa.


Na investigación constatouse as continuas medidas de seguridade adoptadas polos integrantes da organización. Usaban terminais encriptados para comunicarse e mesmo se desprazaban por toda a xeografía española para entrevistarse persoalmente co principal detido e seguir as súas ordes de maneira directa. Con todo iso evitaban ser detectados polos investigadores e dificultar e eludir a acción policial e xudicial.


ESTRUTURA EN MADRID E PONTEVEDRA


Persoas de confianza do 'capo' galego eran os encargados da coordinación, loxística e transporte da droga desde Pontevedra. En Madrid, a organización estaba composta por cidadáns españois e colombianos que se encargaban do transporte de diñeiro en metálico ou de substancias estupefacientes mediante o uso de vehículos con compartimento oculto tipo "caleta".


Tamén xestionaban desde Madrid a recepción do diñeiro da organización procedente do tráfico de drogas para o seu envío a Colombia por outras persoas, as coñecidas como "mulas".


Varias son as incautacións de droga que se relacionan con esta complexa organización. En xaneiro do pasado ano, o GEO interceptaba un barco mercante en alta mar e interviña 3.800 quilogramos de cocaína.


Tras coñecer a interceptación do referido mercante cos 3.800 quilogramos de droga e para evitar ser descuberto, o responsable do grupo ordenou o afundimento das planadoras que se atopaban esperando para realizar o transvasamento da mercadoría en alta mar, e cuxo valor ascende a varios millóns de euros.


USO DE ESTALEIROS


A rede dispoñía de diversos sistemas para branquear os beneficios derivados do tráfico de estupefacientes. Unha das partes fundamentais na infraestrutura da organización eran uns estaleiros dedicados á construción e venda a terceiros de embarcacións totalmente lícitas.


A mercantil utilizaba esa actividade legal para ter acceso ao porto e permitir a entrada das substancias estupefacientes. Ademais, o 'capo' galego controlaba varios negocios que lle permitían introducir no circuíto legal o diñeiro procedente do tráfico de drogas, e utilizaba sociedades para a elaboración de contratos e facturas ad hoc.


HISTORIAL CON VARIAS DETENCIÓNS


A organización seguía estando dirixida polo considerado como maior narcotraficante de Europa. "Sito Miñanco" iniciou a súa carreira delituosa como contrabandista nos inicios dos anos 80 e posteriormente como traficante de drogas, sendo detido anteriormente en dúas grandes operacións contra o tráfico de drogas nos anos 1991 e 2001. Foi un dos implicados na operación Nécora, aínda que logrou escapar ata que foi arrestado noutra operación en 1991, polo que cumpriu sete anos de prisión.


En 1998 saíu do cárcere en liberdade provisional ata que foi detido novamente pola Brigada Central de Estupefacientes en agosto de 2001 por tentar introducir 3.700 quilos de cocaína nun barco. Desde agosto de 2001 a 2011 permaneceu en prisión. Actualmente estaba a cumprir unha condena de 16 e 10 meses no Centro de Inserción social de Botafuegos (Cádiz), en réxime de semiliberdade, pois só acudía a pernoitar ao centro.


relacionada Prisión para Sito Miñanco e outros 20 membros da súa rede
relacionada Incautados máis de 4.000 quilos de cocaína nas operacións contra Sito Miñanco
relacionada Detido en Alxeciras o histórico narco Sito Miñanco nunha operación con 30 arrestos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE