Oleiros rexistra un terremoto de magnitude tres
O tremor produciuse pasadas as catro da tarde, pero apenas se chegou a sentir nin provocou incidencias.

Os sismógrafos do Instituto Xeográfico Nacional rexistraron un terremoto de magnitude tres na escala de Ritcher no concello de Oleiros.
O tremor, que se produciu ao redor das 16,06 horas, rexistrouse a uns 11 quilómetros de profundidade, aínda que practicamente non foi percibido nin provocou incidencias, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Policía Local e de Protección Civil.
En concreto, sinalaron que non recibiron ningunha chamada alertando da existencia dun tremor ou de veciños que lles comunicasen que notaran algún problema orixinado por esta causa.
Escairón rexistrou un terremoto de 2,2 graos
Escribe o teu comentario