Puy advirte contra "incentivos para que, no futuro, todo o mundo incumpra"
O portavoz do PPdeG cre que "sería un desastre" que as comunidades incumplidoras reciban trato de favor coa débeda.
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, considerou que "sería un desastre" que as actuacións en relación á débeda que se realicen con motivo do revisión do sistema de financiamento autonómico "prexudiquen ás comunidades que cumpriron" e lle dean un trato de favor a aquelas que non o fixeron.
Nunha rolda de prensa celebrada este luns, o dirixente popular destacou que o propio presidente da Xunta foi "moi preciso" cando dixo que "se estaba poñendo en xogo o prestixio do propio Estado".
"Estamos ante o típico problema que tecnicamente se chama de risco moral polo cal, se se prima ou se se dá unha vantaxe aos que incumpren fronte aos que fan o esforzo de cumprir, o que se xera son incentivos para que, no futuro, todo o mundo incumpra", manifestou.
Para Pedro Puy, esta situación sería "moi mala para o país" polo que tamén considerou que, se os grupos da oposición en Galicia "son coherentes" co discurso mantido sobre o endebedamento, "non debería resultar excesivamente complicado" que todos compartan "ese principio".
Escribe o teu comentario