​O Dépor fai oficial a chegada de Seedorf como novo adestrador

O holandés asina para o que queda de tempada. A súa experiencia no banco limítase ao Milan e ao Shenzen chinés.


|

Seedorf anuncio deporAsina ata final de tempada. Foto: RC Deportivo.

O técnico holandés Clarence Seedorf converteuse esta tarde en novo adestrador de Dépor para o que resta de tempada, tal e como informa o club a través da súa web.


"Tras unha brillante carreira como futbolista en Ajax, Sampdoria, Inter, Real Madrid, Milan e Botafogo, con case 900 partidos e 5 Ligas de Campións con Ajax, Real Madrid e Milan, iniciou a súa andaina como técnico dirixindo os Rossoneri en 2014, 22 partidos. Antes da súa chegada á Coruña tamén adestrou ao Shenzhen chinés en 14 choques", destaca o club herculino.

Clarence Seedorf chega acompañado do técnico Valerio Fiori. Segundo varios medios, é o 'plan C' para dirixir ao primeiro equipo deportivista e conseguir a salvación.


relacionada O ridículo en Anoeta fulmina a Parralo
relacionada ​O Dépor déixase ir e encaixa outra goleada contra a Real
relacionada ​Tino Fernández: "Os que máis fichan adoitan ser os que descenden"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE