“Así como cen coellos non fan un cabalo, cen presuncións non constitúen unha proba.” Crime e castigo de Fiódor Mijáilovich Dostoyevski: Moscova 1821, San Petersburgo 1881: escritor, contista e ensaista da época zarista Cando o Sr. Feijóo, co apoio do seu grupo e en contra de todos, reformou a Lei Galega de Saúde (LGdeS) do 8/2008 coa Lei 1/2018, moitos e moitas xa pensabamos que o facía para seguir co desmantelamento do Sistema Sanitario na Galicia e, entre outras cousas, retirar catro áreas sanitarias: O Barco, O Salnés, Monforte e A Mariña, así como impedir a participación cidadá coa NON posta en marcha do Consello de Saúde de Galicia e os Consellos de Saúde de Área.