Vigo

O brote de Covid-19 orixinado nun aniversario familiar en Vigo sobe a seis persoas
O brote comunicado onte na área de Vigo e orixinado nuns aniversarios familiares ha sumados un novo positivo este domingo, co que o total de afectados ascende a seis, informaron fontes sanitarias.
Sexto rebrote en Vigo tras a celebración familiar dun aniversario
A área sanitaria de Vigo rexistrou o seu sexto brote, un foco de orixe familiar que afecta a cinco persoas, informaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Maior subida de coronavirus en Galicia desde o pico, sobre todo na área da Coruña, con 20 casos novos

Os casos activos incrementáronse en 28 en Galicia este sábado e a comunidade volve superar os 300, máis dun terzo dos cales corresponden á área sanitaria da Coruña, onde o brote relacionado cun ximnasio en Meicende, Arteixo, acumulaba o venres 25 contaxios, de acordo cos datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

Ritz Carlton xa é a dona absoluta de Barreiras ao adquirir o 100% do accionariado do estaleiro
A navieira de Ritz Carlton, a súa filial Cruise Yacht Yardco Ltd (CYYL), adquiriu o 100% das accións do estaleiro vigués Hijos de J. Barreiras.
Cuarto brote na área de Vigo: tres casos positivos de coronavirus nunha familia procedente de Madrid
Un cuarto brote de contaxiados por COVID-19 foi detectado na área de Vigo en tres membros dunha familia que chegaron á cidade procedentes de Madrid.
​Unha muller diagnosticada cun tumor na pituitaria denuncia que leva esperando case un ano e medio por unha resonancia

A denuncia da afectada foi levada ata o Defensor do Paciente, que sinala que a paciente, a falta desa proba, “non pode ser vista polo especialista nin ter tratamento”. Isto supón “un delito contra a saúde e a vida do paciente”, sinala a organización.

Sen cambios no brote detectado en Vigo, estable con sete contaxiados trad varios negativos entre fiscais
O brote de Vigo vinculado a unha fiscal da área que se atopaba de vacacións no momento no que se detectou este caso positivo mantense con sete contaxiados tras arroxar resultados negativos nas probas PCR os profesionais que tiveron contacto con ela.
O número de afectados no novo brote detectado en Vigo ascende xa a sete casos
Os contaxiados no novo brote orixinado en Vigo e vinculado a unha fiscal da cidade que se atopaba de vacacións ascenderon a sete tras coñecerse os resultados de varias probas PCR realizadas aos seus contactos.
Dous falecidos por ahogamiento na praia moañesa da Xunqueira con poucas horas de diferenza
Dúas persoas, un home de 72 anos e muller de 68, faleceron na tarde do domingo na praia da Xunqueira, en Moaña, nun intervalo de dúas horas.
Os PCR arroxan un novo positivo por coronavirus entre os asistentes á festa celebrada nun barco en Vigo
As probas PCR realizadas detectaron unha segunda persoa contaxiada por COVID-19 entre os asistentes a unha festa celebrada a bordo dun barco en Vigo na que participou unha moza que posteriormente arroxou un resultado positivo.
O SERGAS non detecta novos contagios vinculados ao brote do Porriño, con seis casos activos
O brote de contagios por COVID-19 localizado no centro do Porriño (Pontevedra) suma seis positivos tras arroxar resultados negativos os contactos destas persoas sometidos a probas PCR.
Un positivo por coronavirus nunha festa nun barco pode dar pé a un novo brote en Vigo: preto dunha vintena de persoas illadas
Case unha vintena de persoas que participaron nunha festa realizada a bordo dun barco en Vigo á que asistiu unha moza contaxiada por COVID-19 permanecen illadas.
Abel Caballero dá o pistoletazo ao Nadal de Vigo en pleno xullo e promete que "non haberá aglomeracións"
Contará con tres mercadillos, un circo temático, espectáculos de inverno en 3D e unha nora de gran tamaño
Tres novos casos de coronavirus en Galicia proceden dun brote nunha cea en Madrid
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Comunidad de Madrid notificou este mércores ao Ministerio de Sanidade un novo brote con cinco casos positivos confirmados que ten orixe nunha cea celebrada entre oito persoas nun domicilio particular de Madrid capital o pasado 4 de xullo. Tres deles atópanse en Galicia tras desprazarse.
​Admitida a trámite a querela presentada contra DomusVi pola crise na residencia de Aldán-Cangas, informa REDE

A Federación Galega de Usuarias e Familiares de Residencias vén de anunciar que o Xulgado de Instrución nº3 de Cangas abriu dilixencias "contra a conselleira delegada de DomusVi España, Xosefina Fernández, ademais doutros dous cargos da Xunta de Galicia.

Contaxio de coronavirus nun viaxeiro dun voo Madrid-Vigo provoca o illamento de 12 persoas


Unha persoa que chegou a Vigo nun avión procedente de Madrid o sábado deu positivo de coronavirus. Hai 12 pasaxeiros do mesmo voo en illamento domiciliario, segundo acaba de confirmar o SERGAS a Galiciapress.

​De Caballero a Caballero ou por que en Vigo aínda non é o mesmo Gonzalo que Abel

Os diferentes resultados cultivados polo PSdeG en maio de 2019 na cidade de Vigo en comparación cos deste domingo de eleccións autonómicas evidencian o abismo que separa a Gonzalo Caballero, líder dos socialistas galegos, e Abel Caballero, alcalde da cidade olívica desde fai trece anos.

Un novo caso de coronavirus ingresa no Álvaro Cunqueiro, aínda que sen relación co paciente na UCI que chegou en bus
Un home con coronavirus ingresou no hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, aínda que sen relación co infectado que chegou de Madrid en autobús e atópase na UCI.
ÚLTIMA HORA: Aparecen novos positivos de coronavirus en Vigo, importado de Madrid, e en Ourense, no hospital
Dous novos casos de COVID-19 de persoas hospitalizadas foron detectados nas áreas sanitarias de Ourense e Vigo, o primeiro importado ingresado no CHUO por outra patoloxía con PCR positiva, e o segundo na UCI en Vigo procedente de Madrid.
150 participantes dun torneo en Vigo son desaloxados ao carecer de permisos e non aplicar as medidas de protección e hixiene
A Policía Local de Vigo desaloxou a unhas 150 persoas que participaban nunha competición deportiva que non fora autorizada e cuxa realización permanece prohibida de acordo coa normativa sanitaria da Xunta sen utilizar máscaras nin respectar a distancia de seguridade.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE