​Unha muller diagnosticada cun tumor na pituitaria denuncia que leva esperando case un ano e medio por unha resonancia

A denuncia da afectada foi levada ata o Defensor do Paciente, que sinala que a paciente, a falta desa proba, “non pode ser vista polo especialista nin ter tratamento”. Isto supón “un delito contra a saúde e a vida do paciente”, sinala a organización.


|

A denuncia da afectada foi levada ata o Defensor do Paciente, que sinala que a paciente, a falta desa proba, “non pode ser vista polo especialista nin ter tratamento”. Isto supón “un delito contra a saúde e a vida do paciente”, sinala a organización.


As explicacións que recibiu a afectada desde o Álvaro Cunqueiro, centro onde realizará a proba, son que nestes momentos atópanse “saturados” e que “non dan abasto” co número de pacientes que necesitan a mesma proba.


Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo



“Necesito facerma (a resonancia magnética) para poder pasar pola consulta do especialista e ver se debo ou non axustar a medicación á nova situación”, demanda a afectada. Nesa liña, sinala que o pasado 22 de xuño puxo unha reclamación ao SERGAS e á Consellería de Sanidade.


“Despois de todo este tempo sen saber nada de novo, esta mesma mañá volvín a chamar ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e pedín que me pasasen co departamento de Resonancias. Coméntanme que están saturados, que non dan abasto con todas as peticións que hai. Que os pacientes que entran tanto por urxencias como os hospitalizados ocupan todos os ocos posibles”, lamentan.


Do mesmo xeito, ao consultar se a chamarán ao longo do mes para a proba, desde o complexo hospitalario as previsións que manexan son de setembro ou mesmo outubro, o que supón máis dun ano e medio de espera para poder realizar a resonancia despois de que lle notificasen a necesidade de someterse á proba en marzo de 2019.


A patoloxía de cancro, como tantas outras, de non atenderse a tempo custan vidas e parece que a administración non ten en conta e non se toman medidas porque quizá non lles importa", critican desde Defensor do Paciente.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE