A operación dunha hernia pode ser complicada por varias razóns e a miúdo require un longo proceso de repouso no que se usa fortes calmantes. Algunhas destas cirurxías son agora moito máis fáciles grazas a un novo procedemento que esta semana aprenderán médicos galegos no Parque Tecnolóxico de Ourense.