Sorpresa xudicial na polémica sobre as residencias da terceira idade da Deputación de Lugo. A mediática maxistrada pediu documentación sobre as obras, segundo revelou o alcalde de Becerrerá, que ve detrás disto a sombra do seu ex-partido.
O vicepresidente lembrou que a Deputación de Lugo ordenou a Suplusa, a través de 3 requirimentos, a entrega das chaves da residencia da Fonsagrada
O BNG denuncia a "marbellización" desta sociedade provincial e esixe a súa disolución
Manuel Martínez segue poñendo en xaque á Deputación de Lugo e ao seu ex-partido. Hoxe confirma que se presentará como independente ás próximas locais. Antes foi expulsado e, posteriormente, desaloxado do salón de plenos da Deputación de Lugo tras un novo enfrontamento co presidente da institución, o socialista Darío Campos.
Dimitiu despois de ser cesado como vicepresidente provincial por votar co PP para devolver á sociedade do solo (Suplusa) a xestión das residencias de maiores que programa a Deputación de Lugo.