Parece que o fracaso do anuncio da Superliga pode traer, ao final, melloras para algúns clubs. A UEFA, consciente que o seu liderado organizativo está preto de desaparecer, anuncia reformas, tamén no formato de competición.
Que o lugar elixido por Florentino para defender o modelo de competición que salvará o fútbol mundial fose o estudio de 'O Chiringuito' deixa bastante claro a que tipo de proposta enfrontámonos: un circo anfitaminado, hipertrofiado e no que o contido importa pouco ou nada porque o produto final é un pastiche de Champions e NBA que vai directo ao gaznate do consumidor tipo, ese que rexeita o esquema de xogo de Klopp porque o alemán non dá minutos a Shaqiri e o suízo é un canón no FIFA 21.