A publicidade desde números descoñecidos parece chegar ao seu fin. Seguro? É posible que os operadores atopen ocos na nova lexislación para seguir chamando con números spam. A partir de agora só poder efectuar chamadas con números xeográficos e con liñas 800 e 900
Cantas veces unha chamada dun vendedor interrompeunos durante a nosa xornada laboral ou nos espertou no noso intre de descanso? Pois esa situación pronto pertencerá ao pasado, xa que unha nova lei, que comezará a aplicar este mes, impide ás empresas realizar chamadas comerciais non desexadas aos cidadáns.